Alan Michel Stahl, nado o 7 de agosto de 1947 en Providence, Rhode Island, é un numismático medievalista estadounidense especializado na historia do diñeiro e na moeda da República de Venecia e das súas colonias."Stahl, Alan Michael". En Smith, P. (2012). American Numismatic Biographies. Páxina 325."Alan M. Stahl  Curator of Numismatics, Firestone Library, Rare Books ". Princeton University."Alan M, Stahl ". John Simon Guggenheim Memorial Foundation.

Traxectoria Stahl graduouse na Universidade de California en Berkeley en 1968. En 1977 acadou o seu doutoramento na Universidade de Pensilvania, coa tese titulada The Merovingian Coinage of the Region of Metz ("A moeda merovinxia da rexión de Metz"), publicada en 1982.Véxase (1982) en "Publicacións. Monografías".

Foi conservador da sección de moeda medieval da American Numismatic Society entre 1980 e 2000. Asemade, exerceu a docencia na Universidade de Venecia, en Italia, e na Universidade de Míchigan en Ann Arbor, e na Universidade Rice en Houston, nos EEUU.

Desde 2004 é o conservador de numismática da Universidade de Princeton, en Nova Jersey, onde tamén ocupa un posto como profesor, nos departamentos de Estudos Clásicos e de Historia.

Nun dos seus traballos monográficos, publicado en 1985 co título The Venetian Tornesello. A Medieval Colonial Coinage, demostrou a súa hipótese de que a metrópole veneciana impuña unha moeda nos seus territorios coloniais na que non se correspondía o seu valor nominal co seu valor real.Véxase (1985) en "Publicacións. Monografías". En 2000, con The Mint of Venice in the Middle Ages, abundou na moeda veneciana presentando unha análise dos procesos internos da Ceca de Venecia. Os seus traballos sobre a moeda da República Veneciana fixérono merecedor en 2010 da prestixiosa medalla outorgada pola Royal Numismatic Society, de Londres. No acto de entrega do galardón, Stahl pronuinciou a conferencia "Learning from the Zecca: the Medieval Mint of Venice as a Model for Pre-modern Minting", que posteriormente foi publicada como artigo na revista The Numismatic Chronnicle."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.Véxase (2011-a-) en "Publicacións. Artigos."Honor for Alan Stahl". En Coins Weekly. 3 de febreiro de 2011.

Stahl é codirector do proxecto Michael of Rhodes Project e coeditor do estudo de tres volumes Book of Michael of Rhodes. A Fifteenth Century Maritime Miscellany, publicado en 2009. Trátase da edición dun manuscrito de 1434 obra do veneciano Michele da Rodi, que non foi redescuberto ata 1966.Véxase (2009-a-) e (2011-b-) en "Publicacións".

Entre 1984 e 1988 foi o presidente da American Medallic Sculpture Association, e de 1986 a 1987 presidiu o Club Numismático de Nova York.

No ámbito persoal, Stahl estivo casado entre 1968 e 1976 con Pamela McAbee.

Recoñecementos (2010): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres. (2021): Premio Giles Constable, da Fundación Gladys Krieble Delmas, de Nova York."Alan Stahl Earns Award For Venice Studies". En Coins Weekly. 8 de abril de 2021.

Publicacións Esta é unha escolma dos artigos e dos estudos monográficos publicados por Alan Stahl ao longo da súa carreira:"Stahl, Alan Michael 1947- ". Digital Library Numis."Stahl, Alan M. 1947-". WorldCat Identities."Alan Michael Stahl". BnF.

Monografías (1982). The Merovingian Coinage of the Region of Metz. Institut Supérieur d'Archéologie et d'Histoire de l'Art, Louvain-la-Neuve. (1985). The Venetian Tornesello. A Medieval Colonial Coinage. American Numismatic Society, Nova York. (1988). The medal in America. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222266 (1994). Merovingiens et royaumes barbares: fonds Bourgey. Errance, París. ISBN 9782877720908 (1996). Medals of the Comitia Americana: Series in the Collections of the American Numismatic Society and Other Public Institutions. American Numismatic Society, Nova York. (1999). The medal in America. Volume 2. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 0-89722-276-8 (2000). Zecca. The Mint of Venice in the Middle Ages. Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0801863837 (2009-a-). The Book of Michael of Rhodes. A Fifteenth Century Maritime Manuscript (editor, con P. O. Long, e D. McGee). MIT Press, Cambridge. ISBN 9780262135030 (2009-b-). The rebirth of antiquity: numismatics, archaeology and classical studies in the culture of the Renaissance (con G. Oberfranc). Princeton University Library. ISBN 9780878110513 (2010). Money on paper: bank notes and related graphic arts from the collections of Vsevolod Onyshkevych and Princeton University. Princeton University Library. ISBN 978-0878110544

Artigos (1976). "The Merovingian CA coinage of Austrasia". American Numismatic Society Museum Notes. 21 Páxinas 128-1151. (2011-a-). "Learning from the Zecca. The Medieval Mint of Venice as a Model for Pre-Modern Minting". En The Numismatic Chronicle. Vol 171. Páxinas 347-354. (2011-b-). "The Book of Michael of Rhodes and the merchant manual tradition". Revue Numismatique. 167. Páxinas 201-210. (2016). "The Mint of Venice in the Face of the Great Bullion Famine". En Le crisi finanziarie. Gestione, implicazioni e conseguenze nell'età preindustriale. Firence University Press. ISBN 978-88-6655-948-1

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Medievalistas Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade de Pensilvania Categoría:Profesores da Universidade de Venecia Categoría:Profesores da Universidade de Míchigan Categoría:Profesores da Universidade Rice Categoría:Profesores da Universidade de Princeton Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:American Numismatic Society Categoría:Personalidades sen imaxes