Francisco Escáneo Franco, nado en Beluso (Bueu) o 25 de novembro de 1896 e finado en Marín o 7 de decembro de 1936, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Emigrou a Cuba na década de 1910. Traballou no ferrocarril e perdeu unha perna nun accidente laboral. Integrouse no movemento obreiro da illa. Retornou a Bueu, converteuse en empresario de transporte (autobuses e camións) e comerciante e involucrándose na política. Na Segunda República foi elixido concelleiro de Bueu nas eleccións municipais que se repetiron en maio.El Pueblo Gallego, 3-6-1931, p. 9. Militante do Partido Galeguista, foi elixido vogal do grupo local de Bueu cando se constituíu en abril de 1932,El Pueblo Gallego, 6-4-1932, p. 9. e vicepresidente do grupo local en xaneiro de 1934.El Pueblo Gallego, 30-1-1934, p. 11. Logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 volveu ser nomeado concelleiro de Bueu,El Pueblo Gallego, 13-3-1936, p. 12. pero renunciou ao cargo.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fóronlle confiscados os automóbiles da súa empresa. Finalmente foi detido na madrugada do 7 de decembro e conducido ao depósito municipal de Bueu. Xunto cos tamén detidos Francisco García Villanueva, Jacinto Lamosa Novas e José Seijas Camiña foron asasinados esa madrugada. O cadáver de Francisco Escáneo apareceu nas inmediacións do cemiterio municipal de Marín xunto co de Jacinto Lamosa. Escáneo, soterrado no Cemiterio de Marín, foi inscrito inicialmente como un cadáver descoñecido, e foi identificado o 20 de marzo de 1981, aínda que a familia sempre soubo do seu asasinato e do lugar de enterramento.

Recoñecementos

O 7 de xullo de 1979 o Concello de Bueu acordou dedicarlle unha rúa a Francisco Escáneo. Vida persoal

Casou con Josefa Pérez Santaclara en 1924,Galicia, 3-8-1924, p. 2. e foi pai de María Luisa, Josefa e Rosario Escáneo Pérez. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ricardo Gómez Buceta e a represión no Bueu de Massó

Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos