Arenteiro é un lugar da parroquia de Barrán, no concello ourensán de Piñor, na comarca do Carballiño. Segundo o IGE, en 2023 tiña 49 habitantes (22 homes e 27 mulleres).
Toponimia O topónimo Arenteiro débese á presenza da aldea preto do río Arenteiro. Segundo Manuel Mosquera, o topónimo derivaría de Ascendentarius, co significado de "lugar ascendente, lugar da subida", indicando que a dirección do camiño está sendo vista dende o Miño, dende a Lusitania, cara ao testeiro e non ao revés, porque entón correspondería a "derenteiro" do verbo descendo. Non obstante, Edelmiro Bascuas sinala que o hidrónimo Arenteiro procede de , facendo referencia á prata atopada no río. Patrimonio
No lugar está a capela da Peregrina, a carón do Camiño de Santiago.
Lugares e parroquias Lugares de Barrán
Parroquias de Piñor
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Piñor
Categoría:Lugares de Piñor