Numismatisches Nachrichtenblatt –NNB– (en galego: "Gaceta Numismática de Noticias") é unha revista de numismática publicada pola Sociedade Numismática Alemá (Deutschen Numismatischen Gesellschaft)."NNB Numismatisches NachrichtenBlatt". Sitio web da DNG.

Nunha etapa anterior, a revista fora editada pola Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña, a partir do seu nacemento en 1952.

Na súa forma actual publícase desde 1996. A pertenza á Sociedade Numismática Alemá implica directamente a subscrición mensual á revista.

A produción editorial corre a cargo da compañía editora Battemberg Gietl Verlag, de Regenstauf.

Desde 1996, o seu editor xefe é o numismático Rainer Albert.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Sociedade Numismática Alemá Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña

Ligazóns externas

Espazo da revista na web da DNG

Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Alemaña Categoría:Revistas científicas