Para outros membros desta familia de medallistas ingleses, véxase a páxina de homónimos Wyon

Peter Wyon, nado en 1767 e finado en Birmingham en 1822, foi un deseñador de moeda, gravador de cuños e medallista inglés.

Traxectoria Peter Wyon pertencía a unha familia orixinaria de Colonia, e instalada en Birmingham, cunha longa tradición de gravadores de cuños iniciada polo seu avó.Flynn, B. (2014). RBSA: A Place for Art: The story of the Royal Birmingham Society of Artists. Birmingham. Páxinas 52, 24. ISBN 978-0993029400 O seu pai era George Wyon (finado en 1795), un gravador de cuños e prateiro que traballara para Matthew Boulton desde 1775."Wyon, George (III)". En Forrer, L. (1916). Páxina 587.Forrer, L. (1916).

Peter herdou as habelencias do seu pai como gravador, xunto co seu irmán máis vello, Thomas, e ambos tiveron negocios xuntos durante un tempo curto en 1796. Cando o seu irmán decidiu marchar a Londres en 1800, Peter decidiu permanecer en Birmingham traballando con Boulton na súa factoría de Soho.Carlisle, N. (1837). Páxinas 33, 36.

Peter Wyon casou con E. Avery, irmá da esposa do seu irmán Thomas. O seu fillo, William Wyon, continuou a estirpe de medallistas e chegou a ser gravador xefe da Royal Mint, de Londres.

Peter Wyon formou parte da Royal Birmingham Society of Artists.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Soho Mint William Wyon

Bibliografía Forrer, L. (1916). "Wyon, Peter (Brit.)". En Biographical Dictionary of Medallists. Vol VI. Spink & Son, Londres. Páxinas 632-634. Carlisle, N. (1837). A memoir of the life and works of William Wyon. Londres. Linecar, H. W. A. (1977). British Coin Designs and Designers. Londres. G. Bell & Sons Ltd. ISBN 978-0-7135-1931-0

Categoría:Finados en 1822 Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Medallas Categoría:Artistas do Reino Unido