Be Water é unha novela da escritora burelá Antía Yáñez. Nela trata a importancia da auga nun futuro distópico no que é o ben máis prezado por mor da súa escaseza. Foi publicada en 2019 pola editorial Cuarto de Inverno.

Argumento A humanidade xa non pode habitar a superficie da Terra e por iso sobrevive soterrada nas Colmeas, unhas estruturas elípticas onde a Raíña goberna con tiranía e a auga é un ben escaso. Iolanda é unha moza que vive coa súa filla e o seu curmán nestas Colmeas, nas que cada día é unha loita por conseguir o prezado líquido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Be Water na páxina de Cuarto de inverno

Categoría:Obras literarias de 2019 Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Antía Yáñez