Premio Nacional de Literatura Infantil ao Mellor Labor de Tradución de Libros Infantís foi unha das modalidades dos Premios Nacionais de Cultura de España, instaurado en 1978 por orde do Ministerio de Cultura e dotado economicamente. Estivo vixente até 1992.
Historia e características Nos seus case tres lustros de existencia, sufriu varias modificacións das bases: no momento da súa aparición, en 1978, só distinguía traducións ao castelán de libros escritos en calquera lingua estranxeira; entre 1980 e 1983, engadiu unha segunda modalide, a tradución entre linguas do Estado Español; en 1984, e até 1986, desfixéronse ambas as modalidades e pasou a premiarse libros traducidos a calquera lingua oficial de España; dende 1986, as obras concorrentes restrínxense ao xénero literario; entre 1987 e 1990, elaborouse unha distinción alternativa entre obras para o lectorado infantil e aqueloutras para o xuvenil. En 1991 e 1992 eliminouse a tal distinciónPremio Nacional de Literatura Infantil a la Mejor Labor de Traducción de Libros Infantiles (1978-1992) , Ministerio de Cultura e Deporte ..
Galardoados A listaxe de gañadores deste premio institucional históricoSección "Premiados" na páxina web do Ministerio . está conformada polos seguintes autores, tradutores e obras: 1979 - Concha Hombría - La familia animal, de Randall Jarrell 1978 - María Luisa Balseiro - Dragón, dragón y otros cuentos, de John Gardner 1980 - Manuel Ambrosy - La jangada, de Pierre Pelot 1981 - María Jesús Ampudia - Tomás Espantapájaros, de Otfried Preussler 1982 - Manuel Olasagasti - Año de lobos, de Willi Fahrmann 1982 - Jesús Ballaz Zabalza - El sueño abre una puerta de Joan Barceló i Cullerés / Aventuras en la Azotea de Josef Vallverdú (modalidade de tradución entre linguas estatais) 1983 - Miguel Sáenz - La historia interminable, de Michael Ende 1984 - Isabel Vicente Esteban - Cuentos populares rusos, de A. N. Afanasiev 1985 - Fernando Pérez-Barreiro e Teresa Barro - Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll 1986 - Salustiano Masó - El viento en los sauces de Kenneth Grahame 1988 - Antón Santamarina Fernández - As aventuras de Pinocchio de Carlo Collodi 1988 - Miquel Desclot - Versos perversos de Roal Dahl 1989 - Luis Alberto de Cuenca - El cantar de Valtario 1989 - Raquel Villanueva e Valentín Arias - Mondo e outras historias, de Jean-Marie Gustave Le Clézio 1990 - Santiago R. Santerbás - Silvia y Bruno de Lewis Carroll 1991 - Francisco Torres Oliver - Los perros de la Mórrigan, de Pat O'Shea
Notas
Categoría:Premios Nacionais de España Categoría:Premios e certames literarios Categoría:Premios de tradución Categoría:Literatura infantil