I Could Live in Hope é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Low, publicado o 2 de decembro de 1994 a través do selo Vernon Yard Recordings.

Antecedentes e composición O disco foi unha reacción á agresividade do rock alternativo de principios dos 90, cando o grunge tiña unha gran popularidade, polo que Low "evitou a composición tradicional en favor dos estados de ánimo e o movemento". Influenciada por Brian Eno e Joy Division, a banda, traballando co produtor Mark Kramer, favoreceu as composicións con ritmos lentos, unha instrumentación minimalista e unha economía da linguaxe.

Recepción I Could Live in Hope tivo recensións xeralmente positivas no momento do seu lanzamento. Greg Kot, escribindo para o Chicago Tribune, dixo que "o seu drama de pálpebras pesadas arrástrase nunha cámara lenta que o envolve todo" e dixo del que era "o mellor disco feito para aquelas tardes tristes e nada desexables de arrastrarse a un burato dende a estrea de Galaxie 500".

Legado Presentando un "ritmo sen precedentes no entón florecente underground", I Could Live in Hope axudou a crear o xénero coñecido como slowcore, que incluíu a artistas dende Bedhead ata Codeine ao longo dos 90.

En 1999 Pitchfork situou a I Could Live in Hope no número 49 da súa lista dos mellores álbums dos 90. Ese mesmo ano o crítico Ned Raggett púxoo no número 37 da súa lista dos 136 mellores discos dos noventa para Freaky Trigger. En 2004 o álbum foi incluído na lista dos 50 anos do Rock'n'Roll de Les Inrockuptibles. En 2018 Pitchfork situouno no 22 da súa lista dos 30 melores álbums de dream pop.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums musicais de 1994 Categoría:Álbums producidos por Mark Kramer