Sofie Lithenius, nada o 24 de abril de 1847 en Turku (Finlandia) e finada na mesma cidade o 11 de marzo de 1926, foi unha mestra e compositora finlandesa. Lithenius xogou un importante papel na historia da música vocal finlandesa, así como no ensino musical no seu país.

Traxectoria Sofie Lithenius naceu o 24 de abril de 1847 en Turku, daquela no Gran Ducado de Finlandia e actualmente en Finlandia. Seu pai Henrik Lithenius era un mestre torneiro e frautista afeccionado. Seu irmán Anton tamén tiña inclinacións musicais, xa que tocaba o violín na casa. A pesar de que lle prohibiran facelo, Sofie probou ambos instrumentos. A fascinación da nena pola música levouna a soñar con ser unha música profesional, aínda que a inviabilidade económica, xunto coa falta de apoio de seus pais ás súas aspiracións imposibilitaron a materialización do seu soño.

Notas

Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Compositores de Finlandia Categoría:Nados en Turku