Olalla Vázquez Vázquez, nada en Chantada o 3 de setembro de 1981, é unha científica galega.

O seu doutoramento é en química orgánica cun proxecto de bioloxía química.

Traxectoria Aínda que nada en Chantada, terra de seus pais, aos 4 anos xa foi para Pontevedra e estudou secundaria no IES Valle-Inclán. Licenciouse en Química pola Universidade de Santiago de Compostela en 2004. En 2005 recibiu unha bolsa FPU de doutoramento do Ministerio de Educación e Ciencia español. Para o seu doutoramento, traballou en miméticos sintéticos das proteínas, factores de transcrición e sondas fluorescentes para o recoñecemento de ADN dirixida por José Luis Mascareñas e Eugenio Vázquez. Realizou dúas estadías como estudante visitante na Universidade de Harvard, co profesor Gregory L. Verdine (2006) e na Humboldt Universität de Berlin, co profesor Oliver Seitz (2008). En 2010 defendeu a súa tese de doutoramento, obtendo Summa cum laude.

Conseguiu a bolsa de investigación posdoutoral Marie Curie e regresou ao laboratorio do profesor Oliver Seitz, traballando sobre as posibilidades de usar reaccións molde baseadas in ARN mensaxeiro para sintetizar péptidos citotóxicos no contexto da terapia contra o cancro. En 2014 obtivo unha praza de "W1 Juniorprofessor (tenure track)" na Philipps Universität Marburg, para establecer o novo departamento de Química e Bioloxía en colaboración co profesor Eric Meggers. En 2020, a súa avaliación foi positiva, recibindo unha oferta de Profesora Titular (W 2 Professur) na mesma universidade. Pasou a liderar o seu laboratorio onde traballa no desenvolvemento de ferramentas optoquímicas para controlar e comprender os procesos biolóxicos a nivel molecular”

En 2022 recibiu unha Full Professorship de Química Orgánica para a Investigación de Proteínas na Universidade de París Lodron de Salzburgo, rexeitando unha cátedra na Philipps-Universität Marburg (Alemaña). Desde 2023 Olalla é oficialmente Catedrática de Bioloxía Química (W3).

Durante toda a súa traxectoria profesional publicou artigos en revistas especializadas de alto impacto.

Publicacións (selección)

Zhang, L.; Xiulan, X.; Djokovic, N.; Nikolic, K.; Kosenkov, D.; Abendroth, F.*; ; Vázquez. O.* Reversible Control of RNA Splicing by Photoswitchable Small Molecules; J. Am. Chem. Soc. 2023, 145, 12783  – 12792 Albert, L.; Nagpal, J.; Steinchen, W.; Zhang, L.; Werel, L.; Djokovic N.; Ruzic, D.; Hoffarth, M.; Xu, J.; Kaspareit, J.; Abendroth, F.; Royant, A.; Bange, G.; Nikolic, K.; Ryu, S.; Dou, Y.; Essen, L.-O.; Vázquez, O.* Bistable photoswitch allows in vivo control of hematopoiesis; ACS Cent. Sci. 2022, 8, 57 – 66. Linden, G.; Zhang, L.; Pieck, F.; Linne, U.; Kosenkov, D.; Tonner, R.; Vázquez, O.* Conditional singlet oxygen generation via DNA-targeted tetrazine bioorthogonal reaction; Angew. Chem. Int. Ed. Engl., 2019, 58, 12868 – 12873 Schulte, L. N.; Heinrich, B.; Janga, H.; Schmeck, B. T; Vázquez, O*. A far-red fluorescent DNA binder enables interaction studies of live multidrug-resistant pathogens and host cells; Angew. Chem. Int. Ed. Engl., 2018, 57, 11564 – 11568 Albert, L.; Xu, J.; Wan, R.; Srinivasan, V.; Dou, Y. Vázquez, O.* Controlled inhibition of methyltransferases using photoswitchable peptide-mimetics: towards an epigenetic regulation of leukemia; Chem. Sci., 2017, 8, 4612 – 4618.

Servizos á comunidade Compromiso co fomento da equidade, a diversidade e a inclusión na ciencia e apaixonada por levar a investigación á clase xunto coa tamén profesora Carla Fröhlich (American Cottrell Scholar) asegurando o liderado no Building Bridges Workshop para apoiar os novos membros do profesorado na Alemaña.

É unha firme defensora da Bioloxía Química e, en consecuencia, é membro dos Comités Directivos de CheBio:

EFMC Chemical Biology Initiative DECHEMA GDCh Chemical Biology EuChemS Chemistry in Life Science

Premios

2009: VII Premio Lilly. 2011: Premio de investigación da Deputación de Pontevedra. 2012: European Young Chemist, medalla de prata. 2016: Fulbright-Cottrell. 2017: SPP1926 Young Research Award. 2018: Premio de Biotecnoloxía e Nanotecnoloxía da cidade de Marburg, compartido co profesor Leon Schulte. 2020: Premio á Mellor Investigadora Europea Nova en Química Biolóxica. 2020: Premio á Investigadora Nova Líder de Grupo da Real Sociedad Española de Química. 2021: Ars Lengindi Fakultätenpreis. 2022: EFMC Prize for a Young Chemical Biologist in Academia.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Web de Olalla Vázquez Perfil de Olalla Vázquez no NCCR Chemical Biology

Categoría:Nados en Chantada Categoría:Nados en 1981 Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela