O Rolls-Royce Trent 7000 é un motor turboventilador de alta derivación fabricado por Rolls-Royce. Trátase dunha variante da familia Trent que equipa exclusivamente ao Airbus A330neo. O motor anunciouse o 14 de xullo de 2014 e o seu primeiro acendido realizouse o 27 de novembro de 2015. O seu primeiro voo foi o 19 de outubro de 2017 a bordo do A330neo. A súa primeira entrega foi o 26 de novembro e aprobouse para ETOPS 330 o 20 de decembro. Comparado co Trent 700 do A330, o 7000 dobra o cociente de derivación ata 10:1 e é a metade de ruidoso. O cociente de presión aumenta ata 50:1, e ten un ventilador de 280 cm e un sistema de purgado de aire. O consumo de combustible tamén mellora nun 11%.
Desenvolvemento O Trent 7000 anunciouse no Farnborough Airshow o día 14 de xullo de 2014 como o motor exclusivo do Airbus A330neo, sucedendo ao Trent 700 usado no Airbus A330. Acendeuse por vez primeira o 27 de novembro de 2015 nun banco de probas en Derby. Aínda que os dous primeiros motores de proba se fabricaron en Derby, o resto dos Trent 7000 móntanse nas instalacións de Rolls-Royce en Singapur.
En 2015 Rolls-Royce tivo problemas no desenvolvemento do Trent 1000 TEN, e tivo que destinar máis recursos para cumprir cos prazos para o voo de estrea do Boeing 787-10 en marzo de 2017, atrasando así o Trent 7000. O primeiro par de motores enviáronse a Airbus en xuño de 2017 e realizou o seu primeiro voo a bordo dun A330neo o 19 de outubro dese ano, xusto despois de rematar as probas en terra.
Ao estar baseado no Trent 1000 podía compartir os seus problemas de durabilidade e disuadir así a compradores potenciais, polo que as correccións deberían estar dispoñibles seis meses despois da introdución do avión no verán de 2018. O CEO Rolls-Royce Warren East dixo que o 7000 non se vería afectado polos problemas do Trent 1000.
O motor obtivo a súa certificación de tipo por parte da EASA o 20 de xullo de 2018 como unha variante do Trent 1000, aínda que inicialmente programárase para o primeiro cuarto de 2017. Nese momento as probas ETOPS atopábanse a medio camiño dos 3 000 ciclos planeados, coa intención de ser completadas a principios de agosto. O motor tivo que ser desmontado e examinado para conseguir a súa certificación ETOPS a tempo antes da entrada en servizo a finais de ano.
En agosto de 2018 a cantidade de produción era un desafío para Rolls-Royce e no mes de outubro a compañía agardaba a entrega de 500 grandes motores en 2018 (non principio tiña programadas 550 entregas). Rolls confirmou 10 entregas para finais de outubro, por debaixo das 30 necesarias para as entregas de 15 A330neos cara finais de ano. O A330neo-900 recibiu inicialmente unha autorizacións ETOPS de 180 minutos cunha limitación de 500 ciclos de motor para a primeira entrega a TAP Portugal o 26 de novembro. A ETOPS completa requiría un plan de aprobación da EASA con probas de validación de 3 000 ciclos ademais de tres desvíos simulados, seguidos polo exame dos motores antes de finais de ano. O motor conseguiu o ETOPS 330 o 20 de decembro.
En 2019 Rolls-Royce entregara 106 Trent 7000, en comparación cos 8 de 2018, que conseguiran un 99,9% de fiabilidade. miniatura|250x250px|Trent 7000 no primeiro voo do A330neo
Deseño A súa arquitectura procede da última versión do Trent 1000, o TEN, usando a experiencia do Trent 700 do A330 e tecnoloxía do Trent XWB. O motor de 300-320 kN dobra o cociente de derivación e ten a metade de ruído emitido en comparación co Trent 700. O máximo cociente de presión increméntase de 36:1 ata 50:1 e ten un sistema de purgado de aire para control ambiental e desconxelación das ás.
En comparación co Trent 700, introducido en 1995, o Trent 7000 ten un ventilador máis grande (de 2,8 m comparados cos 2,5 m do 700), e un eixo do ventilador máis pequeno. Este feito dobra o cociente de derivación de 5 a 10, conseguindo o cociente máis grande de todos os motores Trent. O ventilador do Tren 7000 ten 20 álabes.
A relación de presión xeral aumenta grazas á tecnoloxía do compresor central do Trent XWB, mellorando a eficiencia térmica. Isto asociase cun aumento de 200 Kelvin en temperaturas internas; úsanse álabes con recubrimento térmico na turbina de presión en vez de compostos de matriz cerámica máis caros, que serán usados na próxima xeración de motores de Rolls-Royce. O ventilador máis grande e o maior cociente de derivación precisan de dúas etapas máis na turbina de baixa presión, polo que o motor é máis pesado. O Trent 7000 pesa 6 445 kg, mentres que o Trent 700 pesa 6 160 kg.
A pesar do peso adicional e da resistencia extra debido ao seu maior diámetro, Rolls-Royce di que o consumo de combustible é un 11% menor. Ao usar aire purgado en vez da xeración de enerxía eléctrica (como no Trent 1000 do 787), o acoplamento de accesorios está menos sobrecargado e permite que o compresor de alta presión manteña a estabilidade con configuracións de baixa potencia, mellorando o consumo de combustible a velocidades baixas para operacións de curto alcance. O motor conta cun control activo do espazo de saída da turbina, proporcionándolle o nivel óptimo de refrixeración para as distintas fases do voo.
Na engalaxe o ventilador move ata 1,3 t de aire por segundo, a velocidade do chorro da tobeira e de case 450 m/s ) e cada pá da turbina de alta presión xera ao redor de 800 hp, xirando a 12 500 rpm e acadando as súas puntas os 540 m/s. Rolls-Royce di que o motor é 10 dB máis silencioso que o Trent 700.
Notas
Categoría:Turboventiladores