Sílvia Munt Quevedo, nada en Barcelona o 24 de marzo de 1957, é unha actriz e directora de cinema, teatro e televisión catalá.
Gañou dos premios Goya, á mellor actriz pola súa interpretación en Alas de mariposa e á mellor curtametraxe documental por Lalia, escrita e dirixida por Munt. Esta curtametraxe recibiu máis de quince premios, entre eles o United Nations World Forum on Children's Television.
Traxectoria Estudou danza clásica e contemporánea, que combinou con estudos de psicoloxía. Aos dezaseis anos debutou como bailarina. Titulada en ballet clásico pola Royal Ballet de Londres en 1974, entre 1973 e 1978 dedicouse plenamente á danza como bailarina e coreógrafa, formando parte entre outras das compañías de Gelu Barbu (primeiro bailarín do Ballet Nacional de Romania) e do Ballet Contemporani de Barcelona.
Aos vinte anos comezou na interpretación teatral. Debutou no cinema en 1978 co filme L'orgia. En 1981 protagonizou La plaça del Diamant, que lle valeu á Concha de Prata do Festival de Cinema de Donostia, e rapidamente comezou a traballar con directores como Fernando Trueba, Vicente Aranda, Manuel Gutiérrez Aragón ou Montxo Armendáriz.
Munt é membro da Academia do Cinema Europeo e da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España. Enre decembro de 2008 e o 14 de novembro de 2011 foi membro do plenario do Consell Nacional de la Cultura i de les Arts (CoNCA), organismo do que dimitiu xunto con outros nove membros como protesta polo modelo que que propuña o proxecto da Llei Òmnibus.
Filmografía Actriz 2015: Requisitos para ser una persona normal 2008: Xtrems 2007: Pretextos 2006: Remake 2000: Aunque tú no lo sepas 1999: El viaje de Arián 1998: Subjúdice 1997: El faro 1996: El domini dels sentits 1996: Una piraña en el bidé 1996: Secretos del corazón 1996: Todo está oscuro 1995: Assumpte intern 1995: Éxtasis 1995: Razones sentimentales 1994: La pasión turca 1994: El rey del río 1994: El perquè de tot plegat 1993: Nexe 1993: Los baúles del retorno 1993: Bloodline 1992: Cucarachas 1992: El caçador furtiu 1991: Alas de mariposa 1991: Els papers d'Aspern 1987: Quimera 1985: Golfo de Vizcaya 1984: Bajo en nicotina 1984: Le grand voyage 1983: Soldados de plomo 1983: Sal gorda 1983: Akelarre 1982: Pares y nones 1981: La plaça del Diamant 1978: L'orgia
Directora 2007: Pretextos, longametraxe de ficción 2003: Elena Dimitrievna Diakonova. Gala, longametraxe documental 1999: Lalia, curtametraxe 1998: Déjeme que le cuente, curtametraxe
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1957 Categoría:Actores de cinema de Cataluña Categoría:Actores de teatro de Cataluña Categoría:Actores de televisión de Cataluña Categoría:Directores de cinema de Cataluña