O saraiki (سرائیکی sarā'īkī, ou tamén escrito como siraiki ou seraiki) é unha lingua indoaria do grupo lahnda, falada na metade suroccidental da provincia do Panxab, en Paquistán. Anteriormente era coñecida como multani. O saraiki é altamente intelixible co panxabí estándar; co cal comparte unha gran parte do seu vocabulario e morfoloxía. Ao mesmo tempo, é radicalmente diferente en canto á súa fonoloxía (particularmente na falta de tons, a preservación dos aspirados sonoros e o desenvolvemento de consoantes implosivas), e ten importantes características gramaticais en común coa lingua sindhi falada ao sur.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en saraiki Bibliografía
Ligazóns externas A review of the linguistic literature on Saraiki Saraiki Alphabet with Gurmukhi equivalents Download Saraiki font and keyboard for Windows and Android Saraiki online transliteration
Categoría:Linguas indoarias Categoría:Linguas de Paquistán Categoría:Linguas da India