miniatura|300px|Falantes de castelán en América.

As diferentes variedades da lingua castelá falada en América difiren daquelas variedades faladas na Península Ibérica, coñecidas colectivamente como castelán peninsular, así como do castelán falado noutros lugares como África e Asia. O castelán fálase no continente americano dende a invasión dos españois a finais do século XV e comezos do século XVI até o presente. O castelán de América representa o 90% do castelán falado no mundo.Jorge Sainz: “Volumen de Fonética completa nueva Gramática del español" (15 de decembro de 2011) A pronuncia difire dependendo do país e da rexión. En termos xerais, a fala de América amosa moitos trazos comúns ás variedades do sur de España, especialmente ao oeste de Andalucía (Sevilla, Cádiz) e as Illas Canarias. A lingua vernácula nas costas de case toda América Latina amosa semellanzas particularmente fortes cos patróns do dialecto andaluz, mentres que as rexións do interior de México e dos países andinos non son especialmente semellantes a ningún dialecto particular en España. Existen moitas particularidades rexionais e expresións idiomáticas dentro do castelán.

Variedades locais América do Norte Castelán mexicano Castelán nos Estados Unidos de América Castelán neomexicano

América Central

Castelán belizense Castelán costarriqueño Castelán guatemalteco Castelán hondureño Castelán nicaraguano Castelán panameño Castelán salvadoreño

O Caribe

Castelán cubano Castelán dominicano Castelán portorriqueño

América do Sur Castelán amazónico Castelán andino Castelán boliviano Castelán chileno Castelán chilote Castelán colombiano Castelán ecuatoriano Castelán paraguaio Castelán peruano Castelán costeiro peruano Castelán riopratense (falado no Uruguai e na maioría da Arxentina) Castelán venezolano Castelán marabino

Notas

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América