O castelán dominicano é a variedade da lingua castelá ou español falado na República Dominicana. Ao igual que o resto de variedades do castelán caribeño, distínguese por unha fonética moi semellante á do dialecto andaluz. Este ten certas distincións segundo os grupos socioculturais do país.
Caracterízase principalmente polo uso dalgúns elementos antigos e o apego ás formas tradicionais, o cal maniféstase na conservación de palabras pouco empregadas noutros lugares, como bravo (‘anoxado’), dilatarse (‘demorarse’), bregar (‘traballar’), musaraña (‘xesticulación burlesca’), prieto (‘negro, de cor escura’). Asemade é unha tendencia a redución fonética na cal é frecuente eliminar o /s/ ao final das sílabas e as palabras, un exemplo disto é dicir ete no canto de este, ou má no canto de más.
O castelán dominicano ten as súas raíces principais nos dialectos das rexións españolas de Andalucía e as Canarias. Aínda que posúe influencia africana e indíxena no seu vocabulario a presenza africana no léxico é menor á indíxena e esta á súa vez é insignificante na pronuncia e nas estruturas morfosintácticas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Diccionario del español dominicano - Academia Dominicana de la Lengua (Santo Domingo, Editora Judicial, 2013) El español en la República Dominicana - Alvar Gómez, Manuel (Universidade de Alcalá de Henares. Servizo de Publicacións) . . El español de la República Dominicana "La influencia del inglés en la República Dominicana. Valoración de una encuesta oral", by Manuel Alvar "Zonas lingüísticas americanas", by Sergio Zamora Culture of Dominican Republic
Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas da República Dominicana