Tomás Luis de Victoria, nado en Sanchidrián (Ávila) arredor de 1548 e finado en Madrid o 27 de agosto de 1611, foi un sacerdote católico, mestre de capela e famoso compositor polifonista do Renacemento español. Foi considerado un dos compositores máis importantes e avanzados do seu tempo, cun novo estilo que anunciaba o inminente barroco. A súa influencia chegou ata o século XX, cando foi tomado como modelo polos compositores do cecilianismo. miniatura|357x357px|«Missa alma redemptoris», en Misas, magníficat, motetes, salmos e outras varias composicións, Madrid, tipografía rexia, 1600.

Categoría:Nados na provincia de Ávila Categoría:Nados en 1548 Categoría:Finados en 1611 Categoría:Compositores de España Categoría:Século de Ouro español