Agusta foi un fabricante de helicópteros italiano. Estaba baseada en Samarate, na provincia de Varese. A compañía fundouna o conde Giovanni Agusta en 1923, que voara o seu primeiro avión en 1907. O fabricante de motocicletas MV Agusta naceu como filial da compañía de aviación ao final da segunda guerra mundial como xeito de salvar os traballos dos empregados de Agusta.

En xullo de 2000 Agusta fusionouse con Westland Helicopters para formar AgustaWestland S.p.A., unha compañía multinacional de deseño e fabricación de helicópteros pertencente na súa totalidade a Finmeccanica.

Produtos

Aeronaves

A.101 - prototipo de helicóptero de transporte A.103 - prototipo de helicóptero lixeiro monopraza A.104 Helicar - prototipo de helicóptero lixeiro A.105 - prototipo de helicóptero lixeiro A.106 - helicóptero lixeiro de guerra antisubmarina A109/AW109 - helicóptero multipropósito A.115 - prototipo de helicóptero lixeiro AW119 Koala - helicóptero utilitario A129 Mangusta - helicóptero de ataque AZ8-L - prototipo de avión de pasaxeiros EMA 124 - prototipo de helicóptero utilitario lixeiro CP-110 - prototipo de avión lixeiro

Empresas conxuntas

AgustaBell AB139 Bell/Agusta BA609 (50% de participación) EHI Industries EH101 NH90 (32% de participación)

Fabricados baixo licenza

AB 47 AB102 AB204 AB205 AB206 Jet Ranger AB212 AB412 AS-61 AS-61R

Motores

Agusta GA.40 Agusta GA.70

Notas

Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas de Italia