Isistius é un xénero de peixes elasmobranquios da superode dos escualomorfos, orde dos escualiformes e familia dos dalatíidos.Isistius Gill, 1865 noWoRMS.
Os membros deste xénero son coñecidos polo seu comportamento e a súa dentición pouco comúns.Jones, E. C. (1971): "Isistius brasiliensis, a squaloid shark, the probable cause of crater wounds on fishes and cetaceans" Fish. Bull. 69: 791-798.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1865 polo paleontólogo estadounidense Theodore Gill, no seu traballo publicado na revista Proc. Acad. nat. Sci. Philad, 1864, páx. 264.Isistius Gill, 1864 en Nomenclator Zoologicus.
Etimoloxía O nome científico do xénero, Isistius, está formado pola unión dos elementos do latín científico is- e -istius, o primeiro calco do elemento do grego antigo ἰσο- iso- "igual", e o segundo tirado do termo do grego antigo ἰστίoν istíon "vela de navío", que é unha referencia ás dúas aletas dorsais deste peixe, de forma e tamaño similares, un carácter que Gill utilizou para diagnosticar o xénero.Christopher Scharpf & Kenneth J. Lazara: Isistius Gill 1865 en The ETYFish Project. Fish Name Etymology Database.Flávia de Figueiredo Petean & Marcelo R. de Carvalho (2018): "Comparative morphology and systematics of the cookiecutter sharks, genus Isistius Gill (1864) (Chondrichthyes: Squaliformes: Dalatiidae)". PLoS One 13 (8): e0201913.Isistius brasiliensis (Quoy & Gaimard, 1824) en FishBase.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, que é o protónimo, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:Isistius Gill, 1865 no GBIF. Inistius (erro ortográfico) Leius Kner, 1864 Tristius (lapsus calami)
Especies Na actualidade (2020) recoñécense no xénero as seguintes dúas especies:Isistius Gill, 1865 no ITIS. Isistius brasiliensis (Quoy & Gaimard, 1824) Isistius plutodus Garrick & Springer, 1964
Ademais, coñécense dúas especies extintas: †Isistius triangulus Probst, 1879.Probst, J. (1879): Isistius triangulus "Beiträge zur Kenntniss der fossilen Fische aus der Molasse von Baltringen". Hayfische. Jahreshefte des Vereins für vaterländische Naturkunde in Württemberg 35: 127–191. †Isistius trituratus Winkler, 1874.Winkler, T. C. (1874): "Deuxième mémoire sur des dents de poissons fossiles du terrain bruxellien". Archives du Musée Teyler 4 (1): 16–48.
Nota taxonómica Durante un tempo algúns autores, consideraron a existencia dunha terceira especie, Isistius labialis Meng, Zhu & Li, 1985, e aínda hoxe, por exemplo a FishBase e a ADW admítena como especie diferente, Isistius na ADW.Especies de Isistius en FishBase. pero o WoRMS a identifica como Isistius brasiliensis, e a EOL e o ITIS non a consideran.Isistius na EOL.
Características miniatura|200px|Brámido con danos causados por Isistius brasiliensis
As súas dúas especies (ou tres, segundo os autores) son pequenos tiburóns caracterizados principalmente polo seu método conseguir o alimento, que consiste en cortaren anacos de carne da parte exterior de animais mariños, o que xustifica o seu nome inglés de cookiecutter sharks (tiburóns cortadores de galletas). A miúdo atacan grandes cardumes de peixes, e sábese que rodean os barcos pesqueiros para obteren a súa comida facilmente. Son particularmente coñecidos por morderen pequenos anacos dos animais que constitúen as súas presas ao pasaren canda eles. As presas grandes, como o peixe espada e os cetáceos, poden mostrar varias feridas (curadas) de tales trabadas.Yannis P. Papastamatiou, Brad M. Wetherbee, John O’Sullivan, Gwen D. Goodmanlowe & Christopher G. Lowe (2010): "Foraging ecology of Cookiecutter Sharks (Isistius brasiliensis) on pelagic fishes in Hawaii, inferred from prey bite wounds". Environmental Biology of Fishes 88 (4): 361-368. (Resume.
Por outra parte, son pouco comúns na forma na que substitúen os seus dentes: no canto de substituílos individualmente a medida en que se danan ou se perden, por exemplo, na captura de alimento, estes tiburóns cambian a dentición completa, proceso que poden repetir varias veces ao longo da súa vida.Strasburg, Donald W. (1963): "The Diet and Dentition of Isistius brasiliensis, with Remarks on Tooth Replacement in Other Sharks". Copeia, 1963 (1): 33-40.
As presas máis débiles poden resultaren o suficientemente feridas como para debilitarse até que non poden nadar, polo que son propensos a afundir, o que permite que estes tiburóes os traguen. As especies de Isistius poden comeren a metade do seu propio peso corporal dunha vez.
Distribución e hábitat A súa distribución xeográfica é esporádica, encontrándose en todos os océanos do mundo, e o seu hábitat é de difícil acceso, polo que é difícil identificar as diferentes especies, o que xustifica as diferenzas sobre o número de especies entre os autores.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, J. S. (2016): Fishes of the world. Quinta edición. Nova York, NY, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6. Compagno, Leonard J. V. (1984): Fao species catalogue. Vol.4. Sharks of the world. An annotated and illustrated catalogue of shark species known to date . Rome: FAO. ISBN 92-5-1013-837. Compagno, Leonard J. V. & Hamlett, William C., ed. (1999): Checklist of Living Elasmobranchs. Sharks, Skates, and Rays: The Biology of Elasmobranch Fishes. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-6048-2. Compagno, L., Dando, M. & Fowler, S. (2005): Field Guide to the Sharks of the World. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. Princeton Field Guides. ISBN 978-0-6911-2072-0.
Ligazóns externas Isistius na ADW. Isistius na EOL.
Categoría:Escualiformes