Diario do Támega é o primeiro xornal dixital dos concellos da comarca de Verín, na provincia de Ourense, e cobre todo tipo de información de interese, dende política até cultural, fundamentalmente en lingua castelá. Historia O seu editorial de presentación data do 12 de febreiro do 2019, e o seu primeiro produto xornalístico —unha entrevista a Ana María Villarino Pardo—, do 15 de febreiro. Nese mes do Entroido, as celebracións da zona contaron con ampla cobertura. Polas condicións actuais, o traballo de Diario do Támega conta cunha estrutura sinxela: a dirección -que ten funcións de administración, redacción e edición- coordina a actividade dos colaboradores —tanto xornalistas como profesionais audiovisuais— e dos comerciais. Finánciase a través das doazóns que os lectores aportan e tamén da publicidade de entidades públicas e privadas.
Cobertura O Diario do Támega oferta cobertura nas localidades dos concellos que comprenden a Comarca de Verín —Castrelo, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Laza, O Riós, Verín e Vilardevós— prestando atención tamén á actualidade dos veciños de Conso-Frieiras e dos limítrofes con Portugal. O xornal dixital aspira a ser o medio de comunicación de referencia deste territorio.
Nolas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de Diario do Támega
Categoría:Xornais electrónicos Categoría:Provincia de Ourense Categoría:Xornais de Galicia