miniatura|250px|Variantes da lingua castelá falada na Arxentina, por Berta Elena Vidal de BattiniBerta Elena Vidal de Battini, The Spanish of Argentina, Buenos Aires, National Board of Education, 1966. O castelán cordobés é unha variedade rexional da lingua castelá falada polos habitantes da cidade de Córdoba, Arxentina, e os seus territorios adxacentes. Coñecido como cordobés ou tonada cordobesa, este acento é a miúdo o obxecto de referencias humorísticas nos medios de comunicación arxentinos e da cultura popular.

Este dialecto ten diferenzas salientables respecto das provincias que arrodean Córdoba. Non semella ter relación con ningún outro dialecto da rexión e isto é motivo de interrogantes sobre a orixe das súas características. É posible que proveñan dun substrato dos comechingóns, que na súa última época poboaron ese territorio.

Tamén existe o misterio da semellanza entre o dialecto cordobés e o chileno, aparentemente pola cantidade de andaluces e vascos que chegaron a estes lugares, que é a respuesta ao vocabulario chileno. A tonada cordobesa salienta pola prolongación do son da vogal presente na sílaba anterior á tónica, e das vogais da sílaba tónica en palabras esdrúxulas de tres sílabas.Audio de Luis Juez, con típico acento cordobés.. A tonada tamén tende a alongar o final das palabras.

Segundo Donni de Mirande (1991) e Vidal de Battini (1964), o dialecto cordobés (ou central), abrangue a maior parte das provincias de Córdoba e San Luis (influída pola súa proximidade e polo impacto dos medios de comunicación cordobeses).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Castelán riopratense

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas da Arxentina