Isistius trituratus é unha especie de peixe elasmobranquio da orde dos escualiforme e familia dos dalatíidos, unha das dúas extintas integradas no xénero Isistius.Isistius Gill en The Life and Times of Long Dead Sharks. En elasmo.com .

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1874 polo anatomista, zoólogo e historiador natural neerlandés Tiberius Cornelis Winkler, na súa obra "Deuxième mémoire sur des dents de poissons fossiles du terrain bruxellien", publicada nos Archives du Musée Teyler 4 (1): 16–48, baixo o nome de Corax trituratus.Isistius trituratus (Winkler, 1874).

Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén, entre outros, polos sinónimos: Centrina trituratus Corax trituratus (protónimo) Scymnus trituratus

Características da descrición Winler, na súa descrición, feita a partir dos dentes, que son pequenos, planos e triangulares, cos bordos lisos, e que lle parece seguro que estes dientes pertencían a un peixe escuálido, a unha especie do xénero CoraxHoxe coñecido como Squalicorax e que parece que, pola acción trituradora da auga durante moito tempo, volvéronse máis ou menos convexos, e que perderon, pola mesma causa, as fendeduras dos bordos da coroa. A raíz, agora plana e cuadrangular, é ósea e porosa, ten un orificio de nutrientes na súa parte superior e un suco perpendicular que se estende desde o bordo inferior do esmalte da coroa até o bordo da raíz. O feito de que estes dentes estean cheos por dentro e que o seu tecido dental teña unha grande analoxía coa dos dentes de Corax, lévame a ver neles dentes dunha especie de Corax e non de Galeocerdo. Porén, espero que algún día se encontren dentes desenvolvidos deste tipo, polo que provisionalmente doulle o nome de Corax trituratus.

Distribución Encontráronse restos fósiles desta especie na maioría dos sedimentos do Eoceno. Os máis coñecidos son os de en Ucraína, Reino Unido, Estados Uniodos (Virxina) e Uzbekistán. E tamén e encontraron nos do Paleoceno dos Estados Unidos (California).Isistius trituratus Winkler 1874 en paleobiodb.org.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Isistius

Ligazóns externas A taxonomic summary of fossil shark species recorded from the Lower Eocene (Ypresian Stage) en sheppeyfossils.com Squaliformes Goodrich 1909 (Fotos de dentes de Isistius trituratus).

Categoría:Elasmobranquios Categoría:Fósiles descritos en 1874