Na mitoloxía grega, Hiperión (en grego antigo Ὑπερίων, que camiña nas alturas, ou que vai por riba) é un dos Titáns, fillo de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).
Mitoloxía Segundo Hesíodo, casou coa súa irmá a titánide Tía (ou Tea) (tamén chamada Eurifaesa), coa que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Selene (a Lúa) e Eos (a Aurora):
Hiperión desenvolve un papel practicamente nulo nos cultos gregos e na súa mitoloxía, limitándose a aparecer na lista dos doce Titáns. Polo seu nome, o que vai por riba da Terra, foi identificado con Helios e, finalmente, con Apolo. Na Teogonía de Hesíodo e na Odisea de Homero, o sol recibe o nome de Hyperonides (fillo de Hiperión) "Circe, a filla do Hiperiónida Helios, unida amorosamente ó valoroso Odiseo..." (Hesíodo: Teogonía 112-113).. Na literatura grega posterior, Hiperión sempre se distingue de Helios.
Non se conservou ningunha imaxe de Hiperion, pero no friso sur do altar de Pérgamo si que se representa a súa esposa, Tía, acompañada das figuras dos fillos Helios e Selene.
Notas
Véxase tamén Bibliografía ELVIRA BARBA: Miguel Ángel: Arte y mito. Manual de iconografía clásica. Sílex, 3ª ed. 2017. GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto] Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA
Categoría:Titáns Categoría:Deuses solares