O Gran Premio da China (en ; pinyin: Zhōngguó Dàjiǎngsài) é unha carreira do Campionato Mundial de Fórmula 1. Na actualidade celébrase no Circuíto Internacional de Xangai, Xangai, deseñado por Hermann Tilke. É a máis cara das instalacións dos circuíto de Fórmula Un, cun custo 240 millóns de dólares e conta cunha das máis complicadas combinacións de curvas no calendario da Fórmula 1, comparable á curva 8 de Istanbul.

Historia A visión dun Gran Premio da China iniciouse na década de 1990. O Goberno chinés previra inicialmente un circuíto de F1 na cidade de Zhuhai na provincia de Guangdong, o sur da China. O Circuíto Internacional de Zhuhai foi deseñado e construído e agregouse provisionalmente ao calendario de 1999 do Campionato do Mundo de F1, pero a pista non cumpre con certas normas establecidas pola FIA.

En 2002, anunciouse que a xestión do Circuíto Internacional de Xangai asinara un contrato de 7 anos coa Formula One Management para acoller o Gran Premio da China a partir da tempada 2004 ata a tempada 2011. O Gran Premio da China debutou o 26 de setembro de 2004, e foi gañado por Rubens Barrichello da Scuderia Ferrari. Ao ano seguinte, foi a sede da carreira final do campionato de Fórmula Un, na que o recentemente coroado campión do mundo Fernando Alonso gañou e reclamou o título de construtores para Renault F1. En 2006, o Gran Premio da China foi gañado por Michael Schumacher - a súa última vitoria na Fórmula Un antes da súa retiro temporal ao final da tempada.

En novembro de 2008 a BBC informou un funcionario, Qiu Weichang, suxerira que a carreira podíaser cancelada. A raíz dun anuncio similar sobre o Gran Premio de Francia, Qui Weichang dixo que o futuro da carreira estaba sendo reconsiderada, e a decisión tomaríase en 2009.

2010 non viu ningún anuncio formal dunha ampliación da oferta inicial das 7 carreiras de 2004. En febreiro de 2011 foi pactado un novo acordo entre a F1 e os organizadores da carreira chinesa. As razóns do atraso parece ser a taxa que se paga á F1 para albergar a carreira. Logo de acumular perdas ano tras ano, os organizadores da carreira negabanse a pagar a cota requirida, informou que entre os mellor pagos para albergar unha carreira de F1. Parece serque os donos da F1 reduciron a taxa e exista xa un novo acordo para albergar a carreira de F1 ata .

En setembro de 2017, anunciouse un novo contrato de tres anos para albergar a carreira, mantendo a carreira no calendario ata .

Ano Piloto Equipo Data Resultados 2004 Rubens Barrichello Ferrari 26 de setembro de 2004 Resultados 2005 Fernando Alonso Renault 16 de outubro de 2005 Resultados 2006 Michael Schumacher Ferrari 1 de outubro de 2006 Resultados 2007 Kimi Räikkönen Ferrari 7 de outubro de 2007 Resultados 2008 Lewis Hamilton McLaren- Mercedes 19 de outubro de 2008 Resultados 2009 Sebastian Vettel Red Bull Racing 19 de abril de 2009 Resultados 2010 Jenson Button McLaren - Mercedes 18 de abril de 2010 Resultados 2011 Lewis Hamilton McLaren - Mercedes 17 de abril de 2011 Resultados 2012 Nico Rosberg Mercedes 15 de abril de 2012 Resultados 2013 Fernando Alonso Ferrari 14 de abril de 2013 Resultados 2014 Lewis Hamilton Mercedes 20 de abril de 2014 Resultados 2015 Lewis Hamilton Mercedes 12 de abril de 2015 Resultados 2016 Nico Rosberg Mercedes 17 de abril de 2016 Resultados 2017 Lewis Hamilton Mercedes 9 de abril de 2017 Resultados 2018 Daniel Ricciardo Red Bull Racing 15 de abril de 2018 Resultados 2019 Lewis Hamilton Mercedes 14 de abril de 2019 Resultados 2024 Max Verstappen Red Bull-Honda RBPT 21 de abril de 2024 Resultados 2025 Oscar Piastri McLaren - Mercedes 23 de marzo de 2025 Resultados 2026 Andrea Kimi Antonelli Mercedes 15 de marzo de 2026 Resultados

Gañadores múltiples (pilotos) Os pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula 1

# Gañados Pilotor Anos 6 Lewis Hamilton 2008, 2011, 2014, 2015, 2017, 2019 2 Fernando Alonso 2005, 2013 Nico Rosberg 2012, 2016

Gañadores múltiples (construtores) Equipos en letra grosa compiten no campionato de Fórmula Un na tempada actual. # Gañados Construtor Anos 7 Mercedes 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019, 2026 4 Ferrari 2004, 2006, 2007, 2013 McLaren 2008, 2010, 2011, 2025 3 Red Bull 2009, 2018, 2024

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Historia e estatísticas do Circuíto Internacional de Shanghai

China