Georges M. Saad Abiyounes, O.L.M., ou Xurx Sad Abi YunisTamén citado como George Saad Abi Younes, Georges Saad Abi Younes, Georges Abi Younès, George Abi Yunes, George S. Abiyunes. (en ), nado en Hamana (Líbano) o 18 de abril de 1948, é un relixioso baladita e bispo maronita, dende 2003 bispo de Nosa Señora dos Mártires do Líbano en México. Traxectoria Naceu en Hamana, unha vila da gobernación do Monte Líbano, o 18 de abril de 1948. O 17 de xaneiro de 1970 fixo os votos perpetuos como membro da Orde Libanesa Maronita, e posteriormente curso estudos de Filosofía na Universidade Espírito Santo de Kaslik. O 3 de xullo de 1977 foi ordenado sacerdote. En 1979 doutorouse en Filosofía, e ao ano seguinte rematou os estudos de Teoloxía. Ademais da súa formación académica, domina o árabe, o francés, o inglés, o castelán e o arameo.
Logo de ser ordenado sacerdote, até 1984 foi párroco en Bait Xabab. En 1984 trasladouse ao Canadá, co comezo da actividade misioneira dos baladitas no país. Pasou á misión México en 1988, e en 1995 pasou a ser o superior da misión, e párroco dos maronitas en Cidade de México. Entre 1997 e 2002 foi tamén protosyncellus da eparquía de México.
O 22 de febreiro de 2003 foi nomeado bispo da eparquía de Nosa Señora dos Mártires do Líbano en México polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a ordenación episcopal o 26 de abril seguinte, de mans do patriarca Nasrala Pedro, e tivo como co-ordenantes ao bispo Rulan Abu Xauda e ao arcebispo Yusif Muhsin Bixara.
Notas
Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Relixiosos católicos do Líbano Categoría:Baladitas Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos de México Categoría:Alumnos da Universidade Espírito Santo de Kaslik