Carlos Loureiro Rodríguez, nado en Callobre (A Estrada) o 30 de abril de 1957, é un filólogo e docente galego.

Traxectoria Fillo de pais agricultores, estudou ata os nove anos na escola parroquial da súa aldea e posteriormente no INEM da Estrada (na actualidade o IES Manuel García Barros). No ano 1975 comezou os seus estudos universitarios na especialidade de Filoloxía Románica seguido da Galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela.

Tras acabar os seus estudos, no ano 1981 comeza a impartir clases nun colexio privado na provincia de Pontevedra. No 1982 trasladase como docente ao IES Sánchez Cantón (Pontevedra). Un ano despois, aproba as oposicións, e é destinado ao IES Manuel García Barros, na Estrada; onde á súa vez, termina a súa etapa como docente, xubilándose de maneira anticipada no ano 2017.

Tanto na súa etapa como docente, así como na súa vida diaria, perseguía o obxectivo de dar a coñecer a obra de Manuel García Barros, autor que se pediu que fose conmemorado o 17 de maio de 2022, día das Letras Galegas.

Colaborou con todo o movemento cultural estradense e traballo a prol do fútbol base. Tratou de achegar a literatura ao ensino e, para iso, promoveu a relación do alumnado cos escritores.

Foi xurado dos premios de Álbum ilustrado Alberte Quiñoi e Manuel García Barros de novela.

Obras

miniatura|Carlos Loureiro con Xesús Fraga. Ensaio

Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento (2021). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-618-7. Asociacionismo galego en América. A sociedade Hijos del Ayuntamiento de la Estrada en Cuba (2025). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-1176-535-0.

Álbum fotográfico

Como editor Novela

Relatos curtos Contiños da terra (Manuel García Barros). Edición, introdución e notas. (1999). Edicións Xerais de Galicia. 244 Páxs. (ISBN 84-8302-468-3).

Teatro

Xunto con Xesús Domínguez Dono:

Traducións

Como coordinador Narrativa contemporánea Tabeirós-Terra de Montes (2005). A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 84-96368-27-0 Poesía contemporánea Tabeirós-Terra de Montes (2005). A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 84-96368-26-2 Dairas. Técnicas & Gramaxe (2011). A Estrada: IES Manuel García Barros. ISBN 978-84-96368-65-1 Pedigree (2013). A Estrada: Edición do Concello da Estrada. ISBN 978-84-616-3645-7 Encontros para un estudo. Manuel García Barros: unha vida, unha obra, un pensamento (2013). A Estrada: Edición do Concello da Estrada. ISBN 978-84-695-8658-7 Picallo, Héitor et al. (2016). Homenaxe a Olimpio Arca Caldas. O mestre do pobo. A Estrada: Edicións Fervenza. ISBN 978-84-945375-2-3

Recoñecementos 2010: Socio de Honra da “Sociedad Hijos del Ayuntamiento de A Estrada” en Cuba. 2010: Medalla de “AMIGO DA SOLAINA” do Padroado da Fundación Casa Museo “A Solaina” de Piloño. 2010: Mención especial no 1º Certame “Mis raíces gallegas 2010” convocado polo “Obradoiro de Cultura Gallega Xosé Fontenla Leal” da Habana (Cuba) polo relato “Flash-Back dun emigrado". O 11 de maio do 2013, homenaxe no Centro Galego da Habana con motivo das “Letras Estradenses, 2013”. 2013: XXIII Premio San Martiño de Normalización Lingüística. O Brado. 2017: Socio de Honra do “Centro Unión Orensana” da Habana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Carlos Loureiro no Facebook

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados na Estrada Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega