Dina Salústio, pseudónimo de Bernardina Oliveira, nada en Santo Antão en 1941, é unha escritora caboverdiana. En 2016 o Centro PEN Galicia outorgoulle o Premio Rosalía de Castro.
Traxectoria Foi profesora, asistente social e xornalista en Cabo Verde, Portugal e Angola. Tamén foi produtora de radio e dirixiu un programa educativo. Ademais traballou no Ministério de Asuntos Exteriores de Cabo Verde.
Foi unha das fundadoras da Associação dos Escritores Cabo-verdianos e de diferentes publicacións literarias.
Narradora e ensaísta tamén publicou poesía nas revistas Mudjer, Ponto& Vírgula, Fragmentos, Fragata, no xornal A Semana e na antoloxía Mirabilis-de-Veias ao Sol.
A súa obra apunta os lugares, criticamente, demarcados pola súa escrita: a viveência, como muller e negra, nun país colonizado. Nestas cuestións, historicamente construídas, a escritora pretende provocar recoñecementos que permitan reconstruír esa mesma historia, con máis xustiza e beleza.
Obra
Contos
Mornas Eram as Noites (1994). Praia: Instituto caboverdiano do livro e do disco. Reed. Lisboa: Instituto Camões, 199. Colectánea de 35 contos.
Novela
A Louca de Serrano (1998). Praia: Spleen Edições. Filhas do vento (1999). Praia: Instituto da Biblioteca Nacional e do Livro.
Infantil e xuvenil
A estrelinha tlim tlim (1998). Praia; Mindelo: Centro Cultural Português. Ilustracións Júlio Resende. Que os olhos não vêem (2002). Con Marilene Pereira. Praia: Centro Cultural Português.
Ensaio
Violência contra as mulheres (1999). Praia: ICF, 93p.
Premios
1994: Primeiro premio de literatura infantil de Cabo Verde. 1999: Terceiro premio de literatura infantil dos PALOP. 2016: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN de Galicia.
Notas
Categoría:Nados en Cabo Verde Categoría:Nados en 1941 Categoría:Escritores de Cabo Verde Categoría:Escritores en lingua portuguesa