miniatura|O reino longobardo no 526. Wacho foi un rei longobardo do século VI. Traxectoria Usurpou o trono longobardo ao asasinar (ou facendo asasinar) ao seu tío, o rei Tatto (circa 510). O fillo e o neto deste último, refuxiados cos xépidos, tentaron en van botalo do poder. Wacho mantivo boas relacións cos francos e os baiuvaros, entregou unha das súas fillas, a princesa Waldrada, a un príncipe baiuvaro e converteuse máis tarde no avó de Teodelinda de Baviera, futura raíña dos longobardos en Italia.

Casou tamén cunha princesa xépida, Austricusa, tamén chamada «Ostrogotha», se cadra en razón das súas orixes ostrogodas. Morreu sobre 539.

Véxase tamén Bibliografía Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992). I, 21. Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang. § 4. Outros artigos Reino longobardo. Longobardos.

Categoría:Historia medieval de Italia Categoría:Reis longobardos Categoría:Finados en 539 Categoría:Historia de Italia do século V Categoría:Historia de Italia do século VI