The Prince and the Pauper é un filme animado estadounidense de 1990 producido por Walt Disney Animation Studios e dirixido por George Scribner. Conta coa voz de Wayne Allwine no papel de Mickey Mouse, e baséase na novela homónima de Mark Twain publicada en 1881. Foi o derradeiro filme de Disney en usar o proceso de animación tradición, antes de comezar co proceso dixital. Algúns obxectos, como o carro, foron creados en ordenador antes de seren impresos en papel e de seren animados con células de Xerox.Tina Price | Facebook
O filme estreouse o 16 de novembro de 1990, sendo a primeira curtametraxe producida por Disney para acompañar a estrea dunha longametraxe do estudio, sendo esta curta a acompañante do filme The Rescuers Down Under, unha secuela do filme de 1977 The Rescuers.
Personaxes Wayne Allwine como Mickey Mouse e o príncipe Arthur Burghardt como Capitán Pete Tony Anselmo como Donald Duck Bill Farmer como Goofy, Pluto, Horace Horsecollar e donicela #1 Elvia Allman como Clarabelle Cow Charlie Adler como donicela #2, Pig Driver, Peasant e home na rúa Frank Welker como o rei e o arcebispo Trevor Eyster como neno #1 Rocky Krakoff como neno #2 Roy Dotrice como o narrador
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1990 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures