Sekou Oumar Doumbouya, nado o 23 de decembro de 2000 en Conakry (Guinea), é un xogador francés de baloncesto profesional que xoga no MoraBanc Andorra da Liga ACB.
Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Doumbouya foi elixido na 15ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Detroit Pistons, converténdose no primeiro xogador nado en Guinea en ser elixido no Draft da NBA. O 4 de xullo de 2019, asinou o seu contrato de rookie cos Pistons.
O 4 de setembro de 2021, Doumbouya e Jahlil Okafor foron traspasados ós Brooklyn Nets a cambio de DeAndre Jordan. O 6 de outubro de 2021, foi traspasado de novo, desta vez ós Houston Rockets xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2024, pero foi cortado polos Rockets o día seguinte.
O 12 de outubro de 2021, Doumbouya asinou cos Los Angeles Lakers. O 16 de novembro de 2021, foi cortado polos Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 2000 Categoría:Nados en Conakry Categoría:Xogadores de baloncesto de Francia Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do Poitiers Basket 86 Categoría:Xogadores do CSP Limoges Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores do Chorale Roanne Basket Categoría:Xogadores do BC Andorra