Cuniperto, ou Cunincperto chamado o Piadoso, foi un rei longobardo de Italia que reinou entre 688 e 700. Traxectoria Fillo e sucesor do rei católico Perctarito, foi asociado ao trono de seu pai Perctarito a partir de 678, sucedeuno en 687. Combateu aos duques rebeldes arianos Alahis de Trento, a quen vence no Río Adda, e Ansfrid, duque usurpador do Friúl, e sométeos. Pon fin ao cisma de Aquilea que separaba a Igrexa de Italia en 698.

Foi destronado en 690 por Alahis de Trento e de Brescia; pero moi pouco tempo despois, reclamado polas súplicas dos seus súbditos, expulsou a Alahis e volveu tomar posesión dos seus dominios. Reinou en paz ata a súa morte, en 700. miniatura|Moeda longobarda (tremissis) cuñada a nome de Cuniperto na ceca de Pavia. Foi o primeiro rei longobardo que cuñou moeda do Reino Longobardo coa súa efixie.

Véxase tamén Outros artigos Reino longobardo Longobardos Ligazóns externas Moeda cuñada baixo o rei Cuniperto que ilustra dunha banda ao rei e da outra a san Miguel, o santo guerreiro protector dos longobardos.

Categoría:Duques de Asti Categoría:Reis longobardos Categoría:Finados en 700