Pietro Della Valle, nado en Roma o 2 de abril de 1586 e finado ib. 21 de abril de 1652, foi un explorador italiano que viaxou por todo Oriente Próximo, chegando á India.
Traxectoria Naceu nunha familia rica e nobre. Os seus primeiros anos de vida dedicounos ao cultivo da música, da literatura e das armas. Recibiu unha esmerada educación, estudando latín, a mitoloxía grega, a clásica e a Biblia. Tamén se converteu en membro da Academia de Umoristi, adquirindo certa reputación como retórico.
En 1606 escribiu os versos para unha pequena ópera, Il carro di fedeltà d'amore, que é considerada o primeiro exemplo de melodrama sobre argumento profano en Roma. O seu mestre de clavicémbalo, Paolo Quagliati, compuxo a música, que foi impresa en 1611.
En 1614 iniciou as súas viaxes, partindo de Venecia. Pasou un ano en Constantinopla, onde estudou turco e árabe. Logo continuou a súa travesía por Exipto, a Terra Santa, Arabia, Persia, (foi durante esa viaxe na que descubriu en 1616 o código Hammurabi), e a India, volvendo a Italia en 1626. A narración das súas viaxes baseada nas súas cartas aparece en dous volumes (1650-1658).
Interesado nas ruínas das cidades da antiga cultura mesopotámica, levou a Europa algúns ladrillos con inscricións da escritura cuneiforme, sendo os primeiros exemplos desa escritura na Europa moderna.The Sumerians: Their History, Culture and Character, by Samuel Noah Kramer, University of Chicago Press, 1963, p. 7
Foi tamén o introdutor do gato persa en occidente.
Obras
Il Carro di Fideltà d’amore, Robletti, Roma, 1611. Viaggi di Pietro Della Valle il pellegrino, descritti da lui medesimo in lettere familiari all'erudito suo amico Mario Schipano, divisi in tre parti cioè: la Turchia, la Persia e l'India. Colla vita e ritratto dell'autore. Torino, 1843. Discorso sulla musica dell'età nostra, 1640.
Notas
Categoría:Nados en Roma Categoría:Nados en 1586 Categoría:Finados en 1652 Categoría:Exploradores