Boulogne-sur-Mer (en picardo Boulonne) é un concello francés, subprefectura do departamento do Paso de Calais na rexión dos Altos de Francia.
Con 40 874 habitantes intramuros en 2017 constitúe a segunda localidade por poboación do departamento logo de Calais e a primeira pola súa densidade de poboaciónBoulogne-sur-Mer no annuaire-mairie.fr. Ademais é o centro dunha aglomeración de 132 000 habitantes que é a 61º área urbana de FranciaPrincipales áreas urbanas de Francia en populationdata.net.
O seu porto, á beira do canal da Mancha fronte ás costas inglesas, é o primeiro porto pesqueiro de Francia e foi un importante nexo comercial con Inglaterra ata o final do século XX, cando Calais ocupou o seu posto. A cidade está clasificada como "estación turística"Le journal d'informations de la Ville de Boulogne-sur-Mer 28, marzo de 2014, páxina 4 co nome informal de "capital da Côte d'Opale" e é un dos principais destinos turísticos da rexiónC'est l'Actu juillet 2010 en ville-boulogne-sur-mer.fr.
Xeografía Localización Boulogne-sur-Mer sitúase na rexión histórica da Picardía no norte de Francia, a carón do canal da Mancha na embocadura do Liane a 30 km ao suroeste de Calais e 100 ao oeste de Lille. Ata 1790 formou parte da provincia da Picardía e nese ano coa creación dos departamentos asignouse ao do Paso de Calais e ben entrado no século XX coa descentralización de 1982 formou parte da rexión Norte-Paso de Calais e a partir de 2016 da de Altos de Francia.
Contorna Boulogne-sur-Mer e os seus suburbios forman a comunidade de aglomeración do Boulonnais (CAB) que abrangue 22 concellos e ademais a vila exerce unha influencia importante sobre a comarca natural do Boulonnais que engloba 74 concellos. Este territorio pertence na súa case totalidade ao parque natural rexional dos cabos e marismas de Opale, agás os cinco concellos máis urbanos entre os que está Boulogne-sur-Mer. O espazo marítimo boulonnais intégrase no parque natural mariño dos esteiros picardos e do mar de Opale.
Considerada como a capital turística da denominada Côte d'Opale"Saveurs et savoir-faire" www.ville-boulogne-sur-mer.frPort transmanche de Boulogne-sur-Mer | À découvrir en www.portboulogne.com, a localidade benefíciase pola súa situación xeográfica da proximidade a salientables sitios naturais, como o cabo Gris-Nez (o punto do litoral francés máis próximo a Inglaterra) e a balnearios como Wimereux, Wissant, Hardelot-Plage ou Le Touquet-Paris-PlageBoulogne-sur-Mer est devenue la capitale touristique de la Côte d’Opale www.boulogne-developpement.com.
Boulogne-sur-Mer limita ao norte con Wimereux ao nordés con Wimille ao leste con Saint-Martin-Boulogne ao sur con Outreau, ao suroeste con Le Portel e ao noroeste co canal da Mancha.
Saint-Martin-Boulogne constitúe unha auténtica prolongación de Boulogne-sur-Mer que acolle numerosos establecementos escolares, culturais, sanitarios, deportivos e de lecer que a poboación local considera tan de Boulogne como os que están no seu propio termo municipal. A fusión dos dous concellos é un asunto que se ten discutido de vello"Boulogne et Saint-Martin fusionneront-ils un jour ?" La Voix du Nord, 22 de novembro de 2008Rémi Foulon, "Cuvillier dit oui au Grand Boulogne" La Semaine dans le Boulonnais, 30 de abril de 2014. miniatura|500px|centro|Vista xeral de Boulogne-sur-Mer dende Saint-Martin-Boulogne
Comunicacións miniatura|Saída 29 da A16 preto de Bologne-sur-Mer Rede viaria Boulogne-sur-Mer está conectada coa Autoestrada A16 que enlaza a rexión parisiense con Bélxica vía Beauvais, Amiens, Abbeville, Calais e Dunkerque; a saída 29 conéctaa co sur da localidade e o porto mentres as saídas 30 e 31 enlazan co leste e a 32 co norte e liga coas praias da zona.
A vila está igualmente no traxecto de varias redes departamentais e nacionais, en especial é de salientar a Nacional 42 que permite a conexión rápida con Saint-Omer e a Autoestrada A26.
Transporte colectivo thumb|Servizo de autobuses Marinéo. As liñas de autobús de Marinéo ( TCRB antes de 2013) aseguran os desprazamentos na aglomeración e dos outros concellos do Boulonnais. Na vila tamén opera o servizo de autobuses interurbanos de Paso de Calais (Oscar) (département du Pas-de-Calais). A estación de autobuses estivo na praza de Francia, no centro da vila, ata que se desprazou en 2017 200 metros ata o bulevar Daunou. logo tranda vila.
Entre 2012 e 2015 estivo conectada coas grandes cidades europeas con rutas de MegabusMegabus débarque en France www.americas-fr.com, 17 de abril de 2012. A partir do 10 de decembro de 2015 a liña Dunkerque-París de FlixBusCalais : la compagnie FlixBus lance une nouvelle ligne de bus pour Paris La Voix du Nord, 10 de decembro de 2015 conectouna coa capital francesa.
Durante o período estival, un tren turístico une a praia coa zona fortificada, pasando polo centro.
Rede ferroviaria A estación de Boulogne-Ville, situada no sur do concello, a principal de Boulogne e que une a localidade coas estacións de París, Lille, Amiens e Calais-Fréthun (que permite a ligazón con Londres) e mais tamén coas localidades próximas por medio do TER Hauts-de-France.
A estación de Boulogne-Tintelleries, situada no centro da vila, sérvena os TER entre Boulogne-Ville e Calais. Boulogne tivo outras dúas estacións ferroviarias, as estacións de Boulogne-Maritime e a de Boulogne-Aéroglisseurs, que se pecharon na década de 1990.
Transporte marítimo thumb|Transbordador da liña Dover-Boulogne en 2008. Ata finais do século XX o porto de Boulogne-sur-Mer era un importante centro no transporte de viaxeiros cara a Inglaterra por medio de liñas de transbordadores cara a Dover e Folkestone. A construción do Eurotúnel e o desenvolvemento do porto de Calais supuxeron a diminución do tráfico do porto de Boulogne e o peche progresivo das liñas de transbordadores, que preferiron centrar os seus esforzos na liña Calais-Dover1er port de pêche de France ch'tis carpistes II, e así a derradeira compañía deixou Boulogne en 2010. Non obstante, o tráfico fluvial permanece denso, cos barcos de pesca e mais os dos gardacostas alfandegueiros.
Transporte aéreo O aeroporto máis próximo é o aeroporto de Touquet-Côte d'Opale, situado a 20 km. Outros aeroportos importantes da rexión son o de Lille-Lesquin, a 130 km e o de Beauvais a 180 km. Existe igualmente un aeródromo en Le Portel, na propia bisbarra de Boulogne-sur-Mer.
Hidrografía miniatura|A praia de Boulogne-sur-Mer Ao oeste do concello está o canal da Mancha e tan só dispón dunha única praia situada no noroeste, o resto do litoral ocúpano as instalacións portuarias. Durante moito tempo considerada entre as menos limpas da rexiónQualité des eaux de baignade dans le Nord-Pas-de-Calais : les résultats 2013 La Semaine dans le Boulonnais, 13 de xuño de 2013., principalmente pola súa localización, a carón do porto e do río Liane, as potenciais fontes de polución da vila, do porto e da choivaFlash Info du 13/06/2013, Opal'TV.. Non obstante, a calidade das augas de baño en 2020 estaba considerada como boa segundo a Axencia Rexional da Saúde e a Axencia da Auga. Os investimentos que se realizaron na década de 2010, simbolizados pola creación dun tanque de retención de 13 000 m3 fixeron o seu efecto.
Xeoloxía O territorio sitúase xeoloxicamente no Boulonnais que é unha inversión tectónica cenozoica por etapas. que se prolonga ata Kent no sur de Inglaterra, na rexión de Weald formando a bacía Weald-Boulonnais.
Malia Boulogne-sur-Mer estar situada no límite sur dunha fachada rochosa, o cabo de la Créche, a praia da localidade é areenta.
Topografía Nesta rexión predominantemente chaira, os relevos son ben variables en Boulogne-sur-Mer, con numerosos terreos costentos na vila, con pendentes que se achegan ou mesmo superan o 10 %. A altitude varía dos cero metros no noroeste, o nivel do areal ata os 110 metros no leste da vila, no centro hospitalario cara ao monte Lambert, xa situado no concello veciño de Saint-Martin-Boulogne. O barrio do Chemin Vert está situado nun outeiro a 70-80 metros de altitude. A vila vella tamén está situada nun outeiro, a uns 60 metros de altitude polo que recibe o nome de Haute ville, en oposición á Basse ville que comprende o centro da vila e os barrios próximos ao porto e á praia.
Risco sísmico O risco sísmico é feble no conxunto do termo municipal, zona 2 sobre 5 en 2011, como na maior parte do Paso de Calais. Existe unha falla sísmica en Bélxica paralela á fronteira franco-belga. Ao longo da historia algúns tremores de terra importantes tiveron o seu epicentro no Paso de Calais, entre Francia e Inglaterra. Entre eles, o do 6 de abril de 1580 que afectou a Boulogne-sur-Mer e Calais e causou un pequeno tsunami. Máis recente, foi o do 19 de setembro de 1810 que provocou tamén pequeno tsunami que afectou o porto de Boulogne-sur-Mer, considerado de grao 3 polo BRGM.
Clima thumb|Representación gráfica das variacións da forza media dos ventos en Boulogne-sur-Mer segundo a súa orientación e dirección A vila costeira está so un clima oceánico marcado. As amplitudes térmicas son pequenas, os invernos moderados e os veráns fríos. Os días de xeada e de neve son pouco numerosos: poden pasar varios anos sen nevarada ningunha e algúns invernos as temperaturas non baixan dos cero graos. Non obstante, ás veces si se dan grandes períodos de neves, como foi o caso do inverno 2012-2013Thomas Millot, Neige en Nord-Pas-de-Calais : l'heure du bilan France 3 Nord-Pas-de-Calais,15 de marzo de 2013 ou vagas de calor estivais como en 2003.
O tempo é variable por causa dos ventos, moi frecuentes e por veces violentos, que influencian o clima en función da súa dirección. Os ventos dominantes proceden do suroeste e mais do oeste (fachada marítima) achegando un aire relativamente puro e empurran as nubes cara a fóra do litoral o que lle permite a Boulogne ser unha das vilas máis solleiras do norte de Francia con máis de 1650 horas de sol por ano. Tamén recibe ventos fríos procedentes do norte e do leste. As precipitacións repártanse ao longo de todo o ano, con máximos no outono e no inverno.
O cambio climático é visible, dobrándose entre 1955 e 2016 os días de chuviaYannick Boucher, Le climat des Hauts-de-France a déjà bel et bien changé, avec des incidences sur la santé.... La Voix du Nord, 5 de outubro de 2017, mais o risco de mergullamento mariño é menor en relación a Calais e Dunkerque por mor da altitude.
Na vila localízase despois de 1947 unha Estación meteorolóxica a 73 m de altitude sobre un cantil no barrio de Saint-Pierre.
Urbanismo O Esquema de Coherencia Territorial (SCOT) do Boulonnais aprobouse en setembro de 2013Scot du Boulonnais, actualités www.scot-boulonnais.fr e segundo os seus criterios presentouse en 2015 un Plan Local de Urbanismo (PLU) intermunicipal, integrando un Programa Local de Hábitat (PLH) que se adoptou, nunha versión modificada, en 2016Gauthier Byhet, Communauté d'agglomération: Après un relooking, le plan local d’urbanisme revient La Semaine dans le Boulonnais, 8 de abril de 2016.
Morfoloxía urbana thumb|upright=1.5|Os barrios e os seus grandes eixos A vila divídese en nove barrios, todos diferentes pola súa historia, nivel económico e social, pola súa natureza e arquitectura.
A arquitectura de Boulogne-sur-Mer caracterízase polo gran contraste nos barrios entre os edificios típicos en pedra e mais en mármore do Boulonnais, distintos os edificios en ladrillos vermellos típicos do norte de Francia, xustapostos con edificios modernos, moitos edificados logo da destrución provocada por bombardeos durante a segunda guerra mundial.Suivez le guide : Boulogne-sur-Mer, la capitale de la Côte d'Opale Midi en France de France 3, 15 de setembro de 2014
Centre-ville É o barrio central de Boulogne que acolle gran número de edificios históricos e administrativos ademais de vivendas, comercios, bancos, igrexas, equipamentos culturais e de lecer e rúas e prazas para peonais.
Vieille ville