Anastasio II, nado en Roma e finado o 16 de novembro de 498, foi o papa número 50 da Igrexa católica, entre os anos 496 e 498.
Traxectoria Intentou rematar co cisma acaciano intentando unha reconciliación cos monofisitas que dominaban a Igrexa oriental. Para iso enviou, en 497 unha delegación a Constantinopla encabezada polo diácono Fotino que lle valeu fortes reproches dos autores do Liber pontificalis e que Dante Alighieri o situase no Inferno da súa Divina Comedia.
Foi o primeiro papa que non foi canonizado.
Categoría:Papas Categoría:Finados en 498 Categoría:Nados en ano descoñecido