O Yakovlev Yak-40 (ruso: Яковлев Як-40; designación OTAN: Codling) é un reactor rexional soviético deseñado por Yakovlev. O avión trimotor realizou o seu voo de estrea o 21 de outubro de 1966 e fabricouse dende 1967 ata 1981. O avión foi introducido en setembro de 1968 e exportouse a partir de 1970.
Desenvolvemento A principios dos anos 60 as rutas troncais soviéticas, tanto internacionais como internas, estaban servidas pola aeroliña estatal Aeroflot usando avións a reacción ou turbohélices, pero os servizos locais, moitos dos cales se operaban dende pistas de herba, eran servidos por avións obsoletos con motores de pistóns como os Ilyushin Il-12, Il-14 e Lisunov Li-2.Stroud 1968, p. 269-270 Aeroflot quería substituír eses vellos aparellos cun avión con turbinas, sendo a oficina de deseño Yakovlev a encargada de deseñalo. Non se solicitaba unha velocidade alta, pero o avión debería ser capaz de operar con seguridade e fiabilidade en aeroportos pobremente equipados con pistas sen pavimentar curtas, de menos de 700 metros, e en malas condicións meteorolóxicas.Gunston e Gordon 1997, p. 185
Yakovlev estudou tanto deseños turbohélice como a reacción para cumprir cos requisitos, e incluso estudou deseños de engalaxe e aterraxe verticais, pero finalmente decantouse por un trirreactor de á recta con capacidade para 20-25 pasaxeiros. Os motores serían os novos turboventiladores AI-25 desenvolvidos por Ivchenko en Zaporozhye, Ucraína.Gunston e Gordon 1997, pp. 185-186
Deseño O Yak-40 é un monoplano con ás baixas e rectas en saínte, unha gran cola en T e un tren de aterraxe triciclo retráctil. A cabina de pasaxeiros atópase diante das ás, coa pequena parte traseira da fuselaxe levando os tres motores turboventilador, dous montados nos laterais e o terceiro na fuselaxe alimentado por un "conducto S", así como unha unidade de potencia auxiliar para permitir o arranque do motor sen apoio terrestre en aeródromos primitivos.Stroud 1968, p. 270-272Gordon, Komissarov e Komissarov 2005, p. 303 Os tres motores AI-25 son motores de dous eixos con 14,7 kN. Os motores non teñen "jetpipes", e inicialmente tampouco inversores de pulo.Gunston e Gordon 1997, p. 187Taylor 1976, pp. 448-449.
A fuselaxe presurizada ten un diámetro de 2,4 metros, e a cabina de pasaxeiros ten unha configuración estándar de entre 24 e 27 asentos en filas de tres, aínda que pode levar 32 pasaxeiros en filas de catro asentos. Os pasaxeiros entran ao avión a través dunhas escaleiras aéreas ventrais na fuselaxe traseira.Stroud 1968, pp. 272-273
A á está equipada con grandes solapas ranuradas no bordo posterior, pero non ten outros dispositivos de alta sustentación, confiando na baixa carga alar da aeronave para dar o rendemento de engalaxe e aterraxe necesario en pistas curtas. As ás únense na liña central do avión, co largueiro principal que as atravesa de punta a punta. As ás lbergan depósitos de combustible integrais cunha capacidade de 3 800 litros. O aparello ten unha gran deriva, cun ángulo cara a trás de 50 graos para mover o plano de cola cara a atrás para compensar a curta fuselaxe traseira. Os estabilizadores horizontais son rectos.Gunston e Gordon 1997, pp. 186-187
O Yak-40 foi o primeiro avión de pasaxeiros soviético deseñado para os requisitos de aeronavegabilidade occidentais.
Notas
Bibliografía
Gordon, Yefim, Dmitry Komissarov and Sergey Komissarov. OKB Yakovlev: A History of the Design Bureau and its Aircraft. Hinkley, UK: Midland Publishing, 2005. . Gunston, Bill e Yefim Gordon. Yakovlev Aircraft since 1924. London, UK: Putnam Aeronautical Books, 1997. . Hoyle, Craig. "World Air Forces Directory". Flight International. Vol. 190, No. 5566, 6–12 December 2016, pp. 22–53. . Stroud, John. Soviet Transport Aircraft since 1945. London:Putnam, 1968. . Taylor, John W. R. Jane's All The World's Aircraft 1976–77. London:Jane's Yearbooks, 1976. .
Categoría:Aeronaves de Yakovlev Categoría:Aeronaves de pasaxeiros Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1966