miniatura|200px|Maqueda de OV2 5. Orbiting Vehicle 2 ou OV2 foi unha serie de satélites de investigación da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzados entre 1965 e 1968.

Características Os satélites OV2 eran pequenos satélites de investigación construídos en primeiro lugar para o programa ARENTS (Advanced Research Environmental Test Satellite), creado á súa vez para apoiar o programa Vela. O programa ARENTS cancelouse pero os satélites e instrumentos xa construídos pasaron a formar parte do programa OV2. Os satélites OV2 serían lanzados a bordo de foguetes Titan 3C de proba. Os OV2 2 e OV2 4 foron cancelados, mentres que dos tres restantes só o último chegaría a órbita.

Misións OV2 1: proba dun motor de propelente sólido e estudo de campos, plasma e campo magnético. OV2 2: sensores ópticos. Cancelado. OV2 3: experimentos solares. Lanzamento fallado. OV2 4: medicións ópticas desde unha órbita transluar. Cancelado. OV2 5: levaba detectores de centeleo, unha copa de Faraday, unha trampa esférica de ións, dous analizadores electrostáticos, un magnetómetro, un receptor de VLF, unha baliza e un fotómetro ultravioleta para a liña Lyman alfa.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasOV2 115 de outubro de 1965Titan 3CFalloOV2 2Titan 3CCanceladoOV2 321 de decembro de 1965Titan 3CFalloOV2 4Titan 3CCanceladoOV2 526 de setembro de 1968Titan 3CÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Titan 3C Orbiting Vehicle 1 Orbiting Vehicle 3 Orbiting Vehicle 4 Orbiting Vehicle 5

Categoría:Satélites artificiais