O Trofeo Teresa Herrera de 1955 foi a décima edición do torneo. Celebrouse na Coruña o 1 de setembro de 1955 a partido único. O campión foi o Deportivo da Coruña, que derrotou por 2-1 ao Athletic Club.Datos da final en rsssf.com
O torneo ía disputarse inicialmente en agosto, enfrontando ao Stade de Reims, campión francés, co Athletic de Bilbao. Con todo, pouco antes do partido anunciouse que o Stade de Reims non podía viaxar por non ter xogadores suficientes, contando con numerosas ausencias como as de Raymond Kopa, O concello da Coruña tentou buscar entón outro equipo de similar nivel, pero ao non poder conseguilo recorreu ao Deportivo da Coruña. A pesar de que o Deportivo non tiña a categoría que os organizadores querían, o torneo foi todo un éxito e o club galego acabou levando o trofeo na súa primeira participación, no que a prensa da época definiu como un dos días máis memorábeis da historia do fútbol coruñés.
Desenvolvemento O Athletic, que viña de gañar a Copa do Xeneralísimo, e que gañaría ese ano liga e Copa, adiantouse no minuto 41 por mediación de Artetxe, cun disparo que golpeou nas costas de Manín antes de entrar na portería defendida por Otero. Aos poucos minutos de comezar a segunda parte logrou o empate o histórico Pahiño, que marcou aínda dous goles máis que foron anulados. Co tempo cumprido e o empate no marcador xogouse unha prórroga ao final da cal o partido aínda seguía 1-1, polo que se engadiu máis tempo extra que remataría cando un dos equipos marcase. Finalmente, no minuto 130 de partido, Pahiño bateu de novo a Carmelo Cedrún para darlle ao Deportivo o seu primeiro título.
Participantes Deportivo da Coruña7º na liga española 1954/55 Athletic ClubCampión da Copa do Xeneralísimo de 1955
Partidos Final
Titulares: Otero Rodolfo Manín Irusquieta Botana Juananco Arsenio Pahiño Juan Lechuga II PoloSubstitucións: Bazán Cuenca Adestrador: RodrigoTitulares: Carmelo Orúe Garay Canito Mauri Maguregui Artetxe Marcaida Arieta Uribe Gainza Substitucións: Bilbao Adestrador: Daučík
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos da final en canaldeportivo.com O Deportivo posando co trofeo. Proxecto Recordos en Branco e Azul en Phottic.
Categoría:Fútbol en 1955 1955 Categoría:1955 en Galicia