PAC 1 ou PAC A, acrónimo de Package Attitude Control, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 9 de agosto de 1969 mediante un foguete Delta N desde Cabo Cañaveral.
Características PAC 1 foi lanzado acaroado á segunda etapa do seu foguete lanzador, un Delta N, no mesmo lanzamento no que se puxo en órbita o observatorio OSO 6. O satélite quedou nunha órbita inicial de 547 x 483 km. A súa misión foi probar un sistema de estabilización nos tres eixos de baixo consumo e longa duración para o seu uso en futuros satélites científicos. PAC 1 reentrou na atmosfera o 28 de abril de 1977.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delta N
Categoría:Satélites artificiais