Rubén Iván Martínez Andrade, máis coñecido como Rubén, nado en Coristanco o 22 de xuño de 1984, é un futbolista galego. Xoga de porteiro no AEK Larnaca, da Primeira División de Chipre.
Traxectoria Fichou polo FC Barcelona procedente da SD Orillamar da Coruña. Rubén pasou por todas as categorías do club ata chegar ao primeiro equipo durante a tempada 2004-2005. Converteuse no terceiro porteiro, por detrás de Víctor Valdés e Albert Jorquera. Na súa primeira tempada no primeiro equipo xogou dous partidos de liga.
Na temporada 2007-08 foi cedido ao Rácing de Ferrol e na 2008-09 xogou no FC Cartagena, ambos da Segunda División B. Con este último conseguiu o ascenso a Segunda División, e tras un ano exitoso nesa categoría, en agosto de 2010 firmou polo Málaga CF da Primeira División Española.
O 3 de xullo de 2016 anunciouse a súa contratación polo Deportivo da Coruña, cun contrato por dúas tempadas."El Dépor ficha a Rubén Martínez" O 24 de xaneiro de 2017 anunciouse a súa cesión cara ao club belga RSC Anderlecht, até o remate da tempada.
Palmarés 1 Liga de Campións co FC Barcelona: 2006 2 Ligas co FC Barcelona: 2004-2005 e 2005-2006 2 Supercopas de España: 2005 e 2006 1 Copa de Cataluña: 2004-2005
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Ficha de Rubén na páxina do FC Cartagena
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados en Coristanco Categoría:Futbolistas de Coristanco Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Barcelona C Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do FC Cartagena Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do RSC Anderlecht Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do AEK Larnaca Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21