Joan March Ordinas "Verga", tamén coñecido como Juan March e como o banqueiro de Franco, nado en Santa Margalida (Mallorca) o 4 de outubro de 1880 e falecido en Madrid o 10 de marzo de 1962, foi un contrabandista, político e financeiro mallorquino.
Traxectoria Fillo dun tratante de gando, de pequeno xa destacou pola súa visión das oportunidades de negocio. Casou con Leonor Servera, filla dun político de Manacor ligado á banca, o cal facilitoulle as relacións comerciais.
Destacou polo contrabando de tabaco, negocio no que se iniciou en 1906 en Alxer e o 1911 obtivo o monopolio de Marrocos grazas a José Calvo Sotelo dende onde empezou a facer contrabando cara á península.
En 1926 fundou a Banca March.
En 1936 March foi un dos principais financeiros do bando sublevado contra a república, e de feito foi quen pagou o alugueiro do avión que trasladou a Francisco Franco dende Canarias para comezar a guerra.
Nos anos 70, a familia March converteuse na principal accionista da empresa Uralita, condenada por intoxicar a traballadores, familiares e veciños de fábricas como a de Cerdanyola del Vallès.
Fundou a Fundación Juan March.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Díaz Nosty, Bernardo (1977): La irresistible ascensión de Juan March. Barcelona: Ediciones Sedmay, S. A. ISBN 84-7380-240-3. Domínguez Benavides, Manuel (1934): El último pirata del mediterráneo. La escuadra la mandan los cabos. Hai unha reedición de 1999 en: O Castro, Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-774-9. Garriga, Ramón (1976): Juan March y su tiempo. Barcelona: Editorial Planeta. ISBN 84-320-5620-0.
Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Empresarios de España Categoría:Personalidades da banca Categoría:Deputados nas Cortes da II República