PanAmSat é unha compañía e unha serie de satélites de comunicacións privados.
Características Os satélites PanAmSat eran propiedade da empresa Pan American Satellite, fundada en 1984. A empresa fusionouse en 1996 con Hughes Galaxy.
PanAmSat 1 PanAmSat 1 foi o primeiro satélite de comunicacións internacional completamente privado. Foi construído inicialmente para a empresa Contel e nomeado como ASC 3, pero foi comprado por PanAmSat antes do seu lanzamento, o 15 de xuño de 1988 mediante un foguete Ariane 4. O satélite usaba foi construído co bus AS-3000 e tiña unha masa de 1220 kg. Estabilizábase nos tres eixos e levaba a bordo 12 transpondedores en banda C e 6 en banda Ku.
PanAmSat 1R PanAmSat 1R foi encargado en agosto de 1997. Levaba 36 transpondedores en banda C e 36 en banda Ku. Tiña unha masa de 4972 e usaba o bus BSS-702. Foi lanzado para substituír a PanAmSar 1 o 16 de novembro de 2000 mediante un Ariane 5. Foi máis tarde renomeado a Intelsar 1R.
PanAmSat 2, 3, 3R e 4 En novembro de 1991 PanAmSat encargou tres satélites adicionais usando o bus HS-601. En agosto de 1993 encargou un satélite adicional de substitución. Foron lanzados entre 1994 e 1996 mediante foguetes Ariane 4, co PanAmSat 3 fallando en chegar a órbita por un fallo do foguete e sendo substituído por PanAmSat 3R. Os satélites tiñan unha masa de 2920 kg e levaban 20 transpondedores en banda C e 20 en banda Ku (30 no caso de PanAmSat 4). Foron renomeados posteriormente a Intelsat 2, Intelsat 3R e Intelsat 4
PanAmSat 5 O quinto satélite PanAmSat usaba o bus HS-601P, con 3600 kg de masa e 28 transpondedores en banda C e 28 en Ku, e foi lanzado o 28 de agosto de 1997 mediante un Proton K/DM-3. Foi alugado e renomeado a Arabsat 2C en maio de 2002 e máis tarde a Intelsat 5 (Badr C).
PanAmSat 6 PanAmSat 6 tiña unha masa de 3420 kg ao lanzamento e levaba 36 transpondedores en banda Ku. Foi posto en órbita por un Ariane 4 o 8 de agosto de 1997 e foi posto fóra de servizo en 2004 tras varios problemas.
PanAmSat 6B PanAmSat 6B, renomeado máis tarde como Intelsat 6B, foi un satélite de 3470 kg construído co bus HS-601HP. Foi lanzado mediante un Ariane 4 o 22 de decembro de 1998.
PanAmSat 7 PanAmSat 7 foi posto en órbita sobre o océano Índico para dar cobertura a China, India, Oriente Medio, Suráfrica e Europa. Levaba 30 transpondedores en banda Ku e 14 en banda C. Tiña unha masa de 3838 kg, usaba o bus SSL-1300 e foi lanzado mediante un Ariane 4 o 16 de setembro de 1998. Foi nomeado a Intelsat 7 e retirado en 2016.
PanAmSat 8 PanAmSat 8 usaba tamén o bus SSL-1300 e tiña unha masa de 3800 kg. Tiña a bordo 24 transpondedores en banda Ku e 24 en banda C. Foi lanzado o 4 de novembro de 1998 cun Proton K/DM-3 e renomeado como Intelsat 8 en febreiro de 2007.
PanAmSat 9 e 10 PanAmSat 9 e 10 usaban o bus HS-601HP, cunha masa de 3659 kg e 3739 kg respectivamente. PanAmSat 9 levaba a bordo 28 transpondedores en banda Ku e 28 en banda C, mentres que PanAmSat 10 levaba 32 de ambos. O primeiro foi lanzado o 28 de xullo de 2000 mediante un foguete Zenit 3SL, mentres que o segundo o foi o 15 de maio de 2001 mediante un Proton K/DM-3. Ambos foron renomeados como Intelsat 9 e Intelsat 10 en febreiro de 2007.
Historial de lanzamentos
MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasPanAmSat 115 de xuño de 1988Ariane 4ÉxitoPanAmSat 2 (Intelsat 2)8 de xuño de 1994Ariane 4ÉxitoPanAmSat 31 de decembro de 1994Ariane 4FalloPanAmSat 4 (Intelsat 4)3 de agosto de 1995Ariane 4ÉxitoPanAmSat 3R (Intelsat 3R)12 de xaneiro de 1996Ariane 4ÉxitoPanAmSat 68 de agosto de 1997Ariane 4ÉxitoPanAmSat 5 (Arabsat 2C, Badr C, Intelsat 5)28 de agosto de 1997Proton K/DM-3ÉxitoPanAmSat 7 (Intelsat 7)16 de setembro de 1998Ariane 4ÉxitoPanAmSat 8 (Intelsat 8)4 de novembro de 1998Proton K/DM-3ÉxitoPanAmSat 6B (Intelsat 6B)22 de decembro de 1998Ariane 4ÉxitoPanAmSat 9 (Intelsat 9)28 de xullo de 2000Zenit 3SLÉxitoPanAmSat 1R (Intelsat 1R)16 de novembro de 2000Ariane 5ÉxitoPanAmSat 10 (Intelsat 10)15 de maio de 2001Proton K/DM-3Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ariane 4 Ariane 5 Proton K/DM-3 Zenit 3SL
Categoría:Satélites artificiais