Cristina Torre Cervigón, nada en Madrid en 1942, é unha xeóloga, coleccionista e presidenta da Fundación Torres-Pujales.
Traxectoria Cristina Torre, de familia coruñesa, estudou o bacharelato no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña, e posteriormente trasladouse a Madrid licenciándose na Facultade de Ciencias ( Xeoloxía) pola Universidade Complutense de Madrid (UCM). Traballou como profesora axudante da UCM, e na Universidade Autónoma de Madrid. Acadou o número un da oposición a profesorado de Ensino Medio e exerceu como catedrática de bioloxía-xeoloxía no IES Beatriz Galindo de Madrid.
En 1977 casou co pintor Julio Pujales, con quen comezou a súa afección á arte moderna. En 2006 tras a morte do seu marido creou a Fundación Torre-Pujales, e posteriormente o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte en Corme. En 2020 a Fundación doou case mil libros ao Xeoparque da Costa da Morte, depositados nunha estancia da biblioteca municipal de Laxe, que se denominará colección Uxío Torre Enciso.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Fundación Torre-Pujales en Camiños do Mar
Categoría:Xeólogos de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1942 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid