miniatura|300px|Detalle da crátera de Paestum (350-320 a. C.), na que Heracles, no seu momento de loucura, vai botar ó seu fillo ó lume que xa consome os seus mobles. Mégara, a súa esposa, contémplao horrorizada, así como Alcmena, a nai do heroe, e o seu sobriño Iolao (ámbolos dous na galería)
Na mitoloxía grega, Mégara (ou Megara) foi a primeira esposa de Heracles.
Mégara era a filla máis vella do rei de Tebas, Creonte. Sobre os tebanos pesaba un imposto instaurado por Erxino, rei de Orcómeno, consistente na entrega de cen vacas ó ano. Heracles conseguiu reducir ós mensaxeiros de Erxino cando ían cobrar o imposto e non só librou á cidade do pago, senón que obrigou a Erxino a pagar a Tebas o dobre de gando, durante 20 anos. Como recompensa, Creonte concedeulle a man de Mégara, e a man da súa filla máis nova a Ificles, irmán de Heracles.
Heracles e Mégara tiveron varios fillos: Terímaco, Creontíades e Deicoonte, segundo Pseudo-Apolodoro; Terímaco e Ofites, segundo Hixino; ou ata oito fillos, segundo Píndaro.
Zeus era o pai de Heracles, e a esposa de Zeus, Hera (que perseguía ás amantes e fillos de Zeus), mandoulle un ramo de loucura, a consecuencia do cal Heracles matou os seus fillos, e mais dous dos fillos de Ificles.
Eurípides escribiu unha traxedia sobre este tema, baixo o título Heracles furioso Séneca escribiu outra co mesmo título.. Conta que, mentres Heracles descendía ó Hades en cumprimento dun dos seus Traballos, un tal Lico veu a Tebas e matou a Creonte. A seguir ía dar morte a Mégara e ós fillos, pero nese momento regresou Heracles e matou a Lico. Foi entón cando Hera fixo que louqueara, e cando, segundo Eurípides, matou os fillos e a Mégara coas súas frechas. Aínda louco, intentou matar a Anfitrión (o pai humano de Heracles) pero Atenea impediullo botando sobre el un profundo sono.
Esta versión dramatizada choca coa da maioría dos mitógrafos, que non contemplan a morte de Mégara senón que, recuperada a razón, Heracles exiliouse de Tebas e entregou a Mégara ó seu sobriño Iolao Pseudo-Apolodoro engade que, en todo caso, el desexaba casar de novo, e foi cando aspirou á man de Iole, filla de Éurito (Biblioteca mitológica II, 6, 1.). A seguir, foi ó Delfos a consultar ó oráculo como expiar o crime cometido.
Na cidade de Mégara (na Ática) tributábase culto ós fillos de Mégara.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. Hixino: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Heracles