Gran Zimbabwe foi unha cidade epicentro dunha civilización da idade de Ferro (1100-1500 e.c.) coñecida como Reino de Zimbabwe, situada sobre a meseta que domina o curso alto do río Sabi, na actual Zimbabwe. Estaba composta por unha cidade situada sobre un outeiro, denominada polos arqueólogos como A Acrópole ou Gran Recinto, e arrodeada por unha muralla de 250 metros de lonxitude, 10 metros de altura e uns 5 metros de espesor. Estímase que chegaron a habitar a cidade até unhas 20 000 persoas. A extensión total estímase en 722 hectáreas.

O conxunto arquitectónico é uns dos mellor conservados da África subsahariana. Desde 1986 é Patrimonio da humanidade pola UNESCO.

O gran Zimbabwe é considerado o santuario nacional da actual Zimbabwe, onde se atopou o paxaro de Zimbabwe, símbolo nacional do país e que forma parte do escudo da bandeira.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Faulkner, Neil (2018). Unha historia radical do mundo. ISBN 978-84-948208-9-2. Outros artigos Reino de Zimbabwe Ligazóns externas Ruínas do Gran Zimbabwe. Artehistoria.com

Categoría:Patrimonio da Humanidade Categoría:Historia de Zimbabwe