Isabel Pastoriza Santos, nada en Bueu en 1974, é unha investigadora e profesora da Universidade de Vigo. En 2011 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”. En 2021 foi galardoada co Premio a la Excelencia Investigadora 2021 que outorga a Real Sociedad Española de Química.

Traxectoria Isabel Pastoriza licenciouse en Química na Universidade de Vigo en 1997 onde realizou o doutoramento. Despois de realizar estancias posdoutorais na Universidade de Melbourne, Oklahoma e Viena, incorporouse como Investigadora Parga Pondal no grupo grupo de Química Coloidal do Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO) da Universidade de Vigo. Dende o ano 2009 é profesora no Departamento de Química Física e dende 2012 coordinadora do grupo Química Coloidal.

A súa investigación céntrase principalmente no deseño e fabricación de nanopartículas metálicas para ser empregadas na deteción de biomoléculas e contaminantes ou como catalizadoras na xeración de enerxía. Ten un gran número de publicacións con elevado impacto na comunidade investigadora a nivel internacional.

Recoñecementos

En 2011 foi galardoada cunha bolsa de investigación do programa L'Oreal-Unesco “Por las Mujeres en la Ciencia”. Medalla de Investigación 2022 da Real Academia Galega de Ciencias destacando "a súa capacidade para deseñar e desenvolver importantes proxectos científicos, así como para dirixir a mozos investigadores e participar activamente na xestión da Química en España".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Grupo de Química Coloidal da Universidade de Vigo

Mujeres en ciencia e Innovación páxina web FECYT e UMYC

Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en 1974 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Bueu Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes