Raduga é unha serie de satélites de comunicacións civís e militares soviéticos e posteriormente rusos.

Características Os satélites Raduga foron os primeiros satélites de comunicación en órbita xeoestacionaria da Unión Soviética. Despois dos Raduga orixinais chegaron varias series melloradas.

Raduga Os Raduga orixinais, tamén coñecidos como Gran, estaban deseñados para transmitir comunicacións militares, gobernamentais e civís. Usaban o bus KAUR-3, tiñan unha masa duns 2000 kg e estabilizábanse nos tres eixos usando propulsores de propelente líquido. A alimentación eléctrica corría a cargo de paneis solares cunha superficie total de 25 m2 que producían ata 1280 W de potencia. Os satélites levaban varios transpondedores en banda C. Lanzáronse 35 en total, con tres fallos, entre 1975 e 1999, a bordo de foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.

Raduga-1 Os Raduga-1 foron os sucesores mellorados dos Raduga orixinais. Tamén se denominaban como Globus. Usaban seis transpondedores en banda C e tiñan unha masa de 2320 kg. Lanzáronse oito entre 1989 e 2009, todos con éxito, a bordo de Proton K/DM-2.

Raduga-1M Os Raduga-1M eran unha versión mellorada dos Raduga-1. Ademais de transpondendores en banda C levaban a bordo transpondedores en banda L, banda X e banda Ka. Traballaban conxuntamente cos satélites Meridian para dar un servizo global. Tiñan unha masa de 2300 kg e lanzáronse tres entre 2007 e 2013 usando foguetes Proton M/Briz-M.

Historial de lanzamentos

MisiónData de lanzamentoFoguete lanzadorNotasRaduga 1 22 de decembro de 1975 Proton K/DMÉxitoRaduga 2 11 de setembro de 1976 Proton K/DMÉxitoRaduga 3 23 de xullo de 1977 Proton K/DMÉxitoRaduga 4 18 de xullo de 1978 Proton K/DMÉxitoRaduga 5 25 de abril de 1979 Proton K/DMÉxitoRaduga 6 20 de febreiro de 1980 Proton K/DMÉxitoRaduga 7 5 de outubro de 1980 Proton K/DMÉxitoRaduga 8 18 de marzo de 1981 Proton K/DMÉxitoRaduga 9 30 de xullo de 1981 Proton K/DMÉxitoRaduga 10 9 de outubro de 1981 Proton K/DMÉxitoRaduga 11 26 de novembro de 1982 Proton K/DMÉxitoRaduga (12)24 de decembro de 1982 Proton K/DMFalloRaduga 12 8 de abril de 1983 Proton K/DMÉxitoRaduga 13 25 de agosto de 1983 Proton K/DMÉxitoRaduga 14 15 de febreiro de 1984 Proton K/DMÉxitoRaduga 15 22 de xuño de 1984 Proton K/DMÉxitoRaduga 16 8 de agosto de 1985 Proton K/DMÉxitoRaduga 17 15 de novembro de 1985 Proton K/DMÉxitoRaduga 18 17 de xaneiro de 1986 Proton K/DMÉxitoRaduga 19 25 de outubro de 1986 Proton K/DMÉxitoRaduga 20 19 de marzo de 1987 Proton K/DMÉxitoRaduga 21 10 de decembro de 1987 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 22 20 de outubro de 1988 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 23 14 de abril de 1989 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1 1 21 de xuño de 1989 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 24 15 de decembro de 1989 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 25 15 de febreiro de 1990 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 26 20 de decembro de 1990 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1 2 27 de decembro de 1990 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 27 28 de febreiro de 1991 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 28 19 de decembro de 1991 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 29 25 de marzo de 1993 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 30 30 de setembro de 1993 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1 3 5 de febreiro de 1994 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 31 18 de febreiro de 1994 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 32 28 de decembro de 1994Proton K/DM-2ÉxitoRaduga 33 19 de febreiro de 1996 Proton K/DM-2Fallo parcialRaduga (34)5 de xullo de 1999 Proton K Briz-MFalloRaduga-1 4 28 de febreiro de 1999 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1 5 28 de agosto de 2000 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1 6 6 de outubro de 2001 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1 7 27 de marzo de 2004 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1M 19 de decembro de 2007Proton M/Briz-MÉxitoRaduga-1 8 28 de febreiro de 2009 Proton K/DM-2ÉxitoRaduga-1M 228 de xaneiro de 2010Proton M/Briz-MÉxitoRaduga-1M 311 de novembro de 2013Proton M/Briz-MÉxito

Notas

Véxase tamén Outros artigos Meridian Proton K/DM Proton K/DM-2 Proton M/Briz-M

Categoría:Satélites artificiais