200px|miniatura|Régis Wargnier, director do filme gañador Os seguintes 33 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 65ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Bélxica, Alemaña, Francia, Rusia e o Uruguai. O galardón recaeu sobre Francia, co filme Indochine.
O filme Un lugar en el mundo presentado polo Uruguai, foi descualificado logo de seren anunciados os nomeamentos a comezos de 1993, xa que se descubriu que o filme tiña unha produción maioritariamente arxentina cunha achega mínima de uruguaios. Estonia, Casaquistán, Letonia e Rusia participaron por vez primeira. Malia ser descualificado o ano anterior por non ter recoñecemento internacional como país, Croacia presentou un filme aceptado pola academia por vez primeira.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Schtonk! Alemán Helmut Dietl El lado oscuro del corazón Castelán Eliseo Subiela Benny's Video Alemán Michael Haneke Daens Neerlandés e francés Stijn Coninx Léolo Francés Jean-Claude Lauzon Gibel Otrara Casaco, mandarín e mongol Ardak Amirkulov Qiu Ju da guan si Chinés Zhang Yimou Priča iz Hrvatske Croata Krsto Papić Adorables mentiras Castelán Gerardo Chijona Sofie Dinamarqués Liv Ullmann El maestro de esgrima Castelán Pedro Olea Need vanad armastuskirjad Estoniano Mati Põldre Indochine Francés Régis Wargnier Édes Emma, drága Böbe Húngaro István Szabó Thevar Magan Támil Bharathan Bibir Mer Indonesio Arifin C. Noer Svo á jörðu sem á himni Islandés Kristín Jóhannesdóttir Life According to Agfa Hebreo Assi Dayan Il Ladro di Bambini Italiano Gianni Amelio Cilvēka bērns Letón Jānis Streičs Como agua para chocolate Castelán Alfonso Arau Krigerens hjerte Noruegués Leidulv Risan De Noorderlingen Neerlandés Alex van Warmerdam Wszystko, co najważniejsze Polaco Robert Gliński O dia do desespero Portugués Manoel de Oliveira Hotel de Lux Romanés Dan Pița Close to Eden Ruso Nikita Mikhalkov Änglagård Sueco Colin Nutley Hors saison Francés Daniel Schmid Peach Blossom Land Chinés Stan Lai Piano Piano Bacaksız Turco Tunç Başaran Un lugar en el mundo Castelán Adolfo Aristarain The Oil-Hell Murder Xaponés Hideo Gosha
Notas
65 Categoría:Cinema en 1992