Jude Victor William Bellingham, nado en Stourbridge, Inglaterra, Reino Unido, o 29 de xuño de 2003, máis coñecido como Jude Bellingham, é un futbolista británico que xoga de centrocampista no Real Madrid, da Primeira División de España.

Traxectoria Birmingham City F.C. Con 8 anos uniuse ás categorías inferiores do Birmingham City F. C. e cumpridos os 16, realizou a pretemporada co primeiro equipo. O 6 de agosto de 2019, tras debutar no partido que perderon 3-0 ante o Portsmouth F. C. na primeira rolda da Copa da liga, converteuse no xogador máis novo en disputar un partido oficial na historia do club con 16 anos e 38 días, superando en 101 días a marca que tiña Trevor Francis desde 1970. 25 días despois, tras anotar o gol da vitoria ante o Stoke City F. C., tamén se converteu no goleador máis precoz na historia da entidade.

Borussia Dortmund No período de traspasos de xaneiro de 2020, foi relacionado con varios equipos que xogaban na Premier League. Finalmente, o 20 de xullo fíxose oficial o seu traspaso ao Borussia Dortmund, incorporándose ao equipo alemán tras o último partido da tempada. En Alemaña seguiría levando o dorsal 22, número que o conxunto de Birmingham decidiu retirar tras a súa marcha.

O 14 de setembro, no seu debut co Borussia Dortmund, anotou un dos goles do triunfo ante o M. S. V. Duisburgo na primeira rolda da Copa de Alemaña, converténdose deste xeito no goleador máis novo na historia do club alemán. O 20 de outubro debutou na liga de Campións da UEFA e converteuse no inglés máis novo, con 17 anos e 113 días, en saír de titular nun encontro nesta competición superando a marca que ostentaba Phil Foden.

Selección nacional Categorías inferiores Foi internacional con Inglaterra nas categorías sub-16 e sub-17.

O 4 de setembro de 2020 converteuse no xogador máis novo en xogar coa selección sub-21. Fíxoo no partido de clasificación para o Europeo da categoría ante e, ademais, anotou o definitivo 0-6.

Selección absoluta

Dous meses despois de estrearse coa sub-21 foi convocado por primeira vez coa absoluta tras as baixas dalgúns xogadores por lesión. Debutou o 12 de novembro nun amigable ante Irlanda que gañaron por 3-0, converténdose, con 17 anos e 137 días, no terceiro xogador máis novo en xogar co equipo principal de Inglaterra.

Clubs ClubPaísAnoBirmingham City F. C.2019-2020Borussia Dortmund Alemaña2020-actualidade

Estatísticas Clubs

+ Aparicións e goles por club, tempada e competiciónClubTempadaLigaCopas NacionaisCopas da LigaEuropaOutrasTotalDivisiónApariciónsGolesApariciónsGolesApariciónsGolesApariciónsGolesApariciónsGolesApariciónsGolesBirmingham City2019–20Championship4142010——444Borussia Dortmund2020–21Bundesliga16031—6010261Total57451106010705

Selección nacional

+ Aparicións e goles por selección nacional e anoSelecciónAnoApariciónsGolesInglaterra202010Total10

Recoñecementos Selección de Inglaterra sub-17

Copa Syrenka: 2019

Individuais

Gol da Tempada co Birmingham City sub-15/16: 2018 Premio por Logro Especial co Birmingham City: 2018 Xogador do Torneo da Copa Syrenka: 2019 Xogador Novo do Mes de novembro da EFL: 2019 Xogador Novo do Ano do Birmingham City: 2019–20 Xogador Novo do Ano da EFL: 2019–20 Promesa do Ano na Segunda División inglesa: 2019–20 Promesa do Mes de setembro na Bundesliga: 2020

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Perfil do xogador en The FA Perfil do xogador no sitio oficial do Borussia Dortmund

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Stourbridge Categoría:Futbolistas de Inglaterra Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Birmingham City FC Categoría:Xogadores do Borussia Dortmund Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Inglaterra Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026