Teodebaldo, en francés Théodebald ou Thibaud, nado no 708 e finado no 741, foi Mordomo de palacio de Neustria (714-715) e de Austrasia e de Borgoña (714-717).

Traxectoria Teodebaldo era fillo, ilexítimo ou lexítimo, segundo os historiadores, de Grimoaldo II , tamén coñecido como Grimoaldo o Mozo.

Segundo o Liber Historiae Francorum, era fillo ilexítimo de Grimoaldo II: «Grimoald xerou un fillo chamado Teodebaldo dunha concubina [...] Grimoaldo tomou como esposa a Teodesinda, filla de Radbod, duque dos xentís».É dicir, dos pagáns. Este texto é inequívoco sobre o nacemento ilexítimo de Teodebaldo, que data do ano da morte de Drogon, é dicir, 708, mentres que o Chronicon Moissaciense sitúa o matrimonio do seu pai no 711. Tamén é moi improbábel a proposta de certos historiadores,Entre eles que, con base na onomástica, fan de Teodesinda a nai de Teodebaldo.

O seu pai foi asasinado en abril do 714 por un frisón e o seu avó Pipino de Heristal designouno como herdeiro de todas as súas posesións e as súas responsabilidades como mordomo do palacio. Teodebaldo tiña entón uns 6 anos. Pipino de Heristal morreu o 16 de decembro de 714 e nese ano converteuse en mordomo de palacio dos tres reinos francos, baixo a rexencia da súa avoa Plectruda.

Un ano despois, no outono do 715, morreu Dagoberto III, o rei que Pipino de Heristal siuara no trono. Os neustrianos, baixo o liderado de Raxenfrido, deciden suprimir a tutela austrasiana e colocar ao trono ao rei Khilperico II, que a cambio nomeaou a Raxenfrido como mordomo de palacio de Neustria. Mentres Plectruda rexeitou recoñecer esta toma do poder, Raxenfrido liderou o exército neustriano contra Austrasia que derrotou a Plectruda no 715 no bosque de Compiègne. Raxenfrido apoderouse dos tesouros de Plectruda, abandonado no campo de batalla. Entón proclama a Khilperico tamén como rei de Austrasia, aliado con Radbod, duque dos frisóns, e atacou Austrasia. Foi neste momento cando Carlos Martel conseguiu reunir seguidores para facer retroceder aos neustrianos. Despois dun primeiro fracaso, emboscou con éxito a Amblève, e logo derrotounos en Vinchy o 28 de maio de 717. Agora aceptado polos austrasianos como o seu líder, obrigou a Plectruda e a Teodebaldo a renunciar ao poder, confiscou os bens de Plectruda encerrouna nun convento en Colonia.

O resto da vida de Teodebaldo é incerto. Os Annales Mettenses afirman que «pouco despois acabou coa súa vida inocente». Porén, Carlos Martel fixo unha doazón a Utrecht no 723 e, entre as testemuñas, hai un Thiedoldi, nepoti eius. Carlos, tiña só trinta anos, o posíbel significado de nepos é sobriño, e o único sobriño coñecido de Carlos Martel é o ex mordomo de palacio. A afirmación dos Annales Mettenses podería deberse a que o seu autor, cen anos despois, non atopou ningunha mención a Teodebaldo despois do 717 e concluíu que morrera. Parece que non participou na conspiración organizada en 723 polo seu curmán Arnulfo, pero quizais os curmáns estaban en desacordo: Pipino de Heristal elixiuno en detrimento de Arnulfo, aínda que este era fillo do seu fillo máis vello.

En 741, despois da morte de Carlos Martel, os seus dous fillos Pipino o Breve e Carlomán mataron a un Teodebaldo, que non podía ser Teodebaldo, duque de Alamania (morto en 744), nin Teodebaldo, duque de Baviera (morto en 732), nin Teodebaldo, duque de Turinxia (morto a principios do século VIII). Podería moi ben ser o seu curmán, cuxas ambicións poderían temer aproveitando o malestar que seguiu á morte de Carlos.

Xenealoxía

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Riché, Pierre (1983): Les Carolingiens, une famille qui fit l'Europe. París: Hachette (reimpr. 1997). ISBN 2-0127-8851-3. (Ler en liña). Settipani, Christian (1993): La Préhistoire des Capétiens (Nouvelle histoire généalogique de l'auguste maison de France, vol. 1). Villeneuve-d'Ascq: Éd. Patrick van Kerrebrouck. ISBN 978-2-9501-5093-6.

Outros artigos Pipino de Heristal Pipino o Breve Carlos Martel Carlomán

Ligazóns externas Foundation for Medieval Genealogy: 2. Grimoald .

Categoría:Nobres de Francia Categoría:Nados en 708 Categoría:Finados en 741