A das bilifitas (Biliphyta) é un subreino de plantas do grupo das algas.

Taxonomía Descrición O subreino foi descrito en 1981 polo biólogo anglo-canadense Thomas Cavalier-Smith.Biliphyta en AlgaeBase.

Clasificación O subrerino subdivídese en dous filos:Biliphyta no ITIS. Glaucophyta – glaucófitas (microalgas verdes biflaxeladas). Rhodophyta – rodófitas (algas vermellas).

Notas taxonómicas Inicialmente, Cavalier-Smith suxiriu en 1981 que este grupo se trataría dun reino​,Cavalier-Smith, T. (1981): "Eukaryote kingdoms: Seven or nine?" Biosystems 14 (3–4): 461–481. pero logo consideraríao un subreino dentro da clasificación das plantas.

A unidade deste grupo foi confirmada posteriormente sobre a base de estudos filoxenómicos sobre as proteínas transferidas desde os cloroplastos ao núcleo celular e as secuencias de xenes dos cloroplastos,​Philippe Deschamps & David Moreira (2009): "Signal Conflicts in the Phylogeny of the Primary Photosynthetic Eukaryotes" Mol. Biol. Evol. 26 (12): 2745-2753. polo que o seu nivel taxonómico podería estar validado.​Ruggiero, M & D. Gordon, eds. (2014): Consensus Management Hierarchy for the ITIS & Species2000.

Porén, diversas análises filoxenéticas denotan que a monofilia deste grupo non está consensuada. Neste sentido cómpre destacar que o WoRMS só admite, dentro do subreino, o filo das rodófitas.Biliphyta no WoRMS.

Características Estas algas caracterízanse por teren ficobilisomas, complexos proteicos (formados por até 600 polipéptidos) ancorados ás membranas dos tilacoides.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2017): Subkingdom Biliphyta en AlgaeBase. World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultada o 12 de febreiro de 2021.

Categoría:Algas