miniatura|Vocabulario castellano - gallego de las Irmandades da Fala (1933). Denomínase dicionario bilingüe a un dicionario que presenta as relacións léxicas de equivalencia entre dúas linguas.
Características e tipos Os dicionarios bilingües poden ser simples listas a dúas columnas ou produtos máis elaborados, coa marca da categoría gramatical das entradas e das palabras equivalentes, equivalencias de locucións, de fraseoloxía e mesmo cadros, gráficos e deseños. Normalmente fanse para relacionar as dúas linguas nos dous sentidos (bidireccionais), aínda que existen dicionario bilingües monodireccionais. As relacións sociolingüísticas entre as linguas comparadas poden servir coma motivación para a creación do dicionario (non esquezamos que normalmente son produtos comerciais): para relacionar dúas linguas cuxos falantes aínda están afastados entre si, outras cuxos usuarios comezan a manter intercambios socioeconómicos nos que se aprecian dificultades de intercomprensión, outras que teñen igual status legal e polo tanto deben ser respectadas polas entidades nacionais ou internacionais correspondentes (por exemplo a EFTA, a OTAN, a Unión Europea, a FAO, a UNESCO ou directamente a ONU) ou outras que manteñen unha relación de diglosia onde o dicionario serve para dignificar a lingua B.
Caso galego: Dicionarios bilingües galegos que non combinan co castelán Dicionarios bilingües A abafadora maioría de dicionarios bilingües que combinan o galego con outra lingua fano co castelán. Os poucos exemplos que son excepción deste panorama son: Luís Castro Macía, Remedios Rodríguez Sánchez (2009) Dicionario Francés - Galego Galego - Francés. Vigo: Edicións Xerais de Galicia; ISBN 978-84-9782-959-5 (936 páxinas) Benigno Fernández Salgado (1999) Diccionario elemental inglés-galego galego-inglés. Vigo: Edicións Xerais de Galicia; ISBN 84-8302-417-9 (case 400 páxinas, con 3 000 entradas e 6 000 acepcións) Servando Pérez Barreiro (2008). Primeiro Dicionario completo galego-inglés inglés-galego. Vigo: Ediciones Cardeñoso; ISBN 978-84-8190-524-3 (1.122 páxinas, con máis de 55.000 entradas en cada idioma (total 110.000); específica a etimoloxía das palabras que teñen orixe coincidente en galego e inglés e a tradución en castelán para axudar á comprensión Servando Pérez Barreiro (novembro 2010) Dicionario Inglés-Galego Galego-Inglés. Vigo: Ediciones Cardeñoso; ISBN 978-84-8190-619-6 (617 páxinas con arredor de 33.000 entradas por cada idioma (total 66.000). Pronuncia do inglés en azul Joe Vikin (2000) Galician-English/English-Galician (Galego) Dictionary. A language of Northwestern Spain. Nova York: Hippocrene Books (171 Madison Avenue, NY 10016) ISBN 0-7818-0776-X (con 8000 palabras en 600 páxinas xustas) 24px Xavier Carro Rosende (2000) Vocabulario galego-valenciano valencià-gallec. San Vicente (Alacant): Editorial Club universitario (pouco máis de 50 páxinas) ISBN 84-8454-025-1 Takekazu Asaka (1996) Vocabulario básico da lingua galega. Tokyo: Daigakusyorin. ISBN 4-475-01231-7. (As primeiras 122 páxinas son un índice galego-castelán-xaponés. Despois da 158 prosegue coas equivalencias castelán-galego e até o final do libro coas xaponés-galego. Na presentación afirma conter 2600 equivalencias) José Carracedo Fraga & Susana Mayo Redondo & Esther Montero Chacón (1999) Diccionario Latín-Galego. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-318-6. Isaac Xubín (2010): Dicionario galego-euskara hiztegia. Vigo: Universidade de Vigo.
Dicionarios multilingües Elisardo López Varela & Antonio Pichel Lorenzo & Emilio Facal Cancela (1995) Vocabulario temático ilustrado galego français español english. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-798-8 (arredor de 400 páxinas de equivalencias e máis de 100 de índice). J. M. Cameselle Villar (1995) Diccionario trilingüe español, galego, portugués. Vigo: J. M. Cameselle Villar (autoedición). (máis de 450 páxinas, ordenadas só pola equivalencia en castelán). Xosé Antonio Perozo Ruíz (dir.) (1995) Diccionario trilingüe, tamén para español, galego e portugués. Vigo: Ir Indo Edicións. (máis de 1400 páxinas, ordenadas polas tres linguas). ISBN 84-7680-316-8 (ISBN13 978-84-7680-316-5) Tireso (2005) Lenguas de la Península Ibérica. Languages of the Iberian Peninsula. English - castellano - euskara - occitano-aranés - catalá - valenciá - catalá de ses illes Balears - aragonés - asturianu-bable - galego - português - français, Palencia: Ibarantia S.L. (180 páxinas; máis de 1100 palabras ordenadas primeiro por temas, logo pola forma en castelán e logo polo resto das linguas). ISBN 84-609-2142-5
Guías de conversa e dicionarios básicos Por outra banda, hai tamén varios textos que permiten introducirse nas competencias comunicativas do galego, dos que os tres primeiros formando unha colección realizada por Edith Pazó e Fernando de Castro con ilustracións de Kiko da Silva e editados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Presidencia da Xunta de Galicia no ano 2007: Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Elkarrizketa gida galegoa - Guía de conversa en gallec. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4470-5 (135 páxinas) Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Galician conversation guide - Guía de conversación en gallego. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4447-6 (135 páxinas) Edith Pazó & Fernando de Castro (2007) Guía de conversa en galego - Guide de conversation en galicien - Sprachführer Galicisch. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia - SXPL. ISBN 978-84-453-4469-9 (135 páxinas) Juan de Dios Ramírez-Heredia, Juan (2001) Primeiro Manual de Conversación en Romanò-Kalò - Angluno pustik pa vakeripen romanò-kalo. Barcelona: Xunta de Galicia - DXPL & Unión Romaní - Unión del pueblo gitano. ISBN 84-931086-9-3 (63 páxinas, 4 de dicionario) Elvira de Moragas (coord.) & Dominic Currin & Valerie Collins & Anxo M. Lorenzo (1996) Diccionario ilustrado VOX inglés-español-gallego. Barcelona: Biblograf. ISBN 84-7153-666-8 (1105 páxinas en 6 volumes, 30 páxinas de dicionario bilingüe)
Dicionarios en proceso Existen noticias tamén de dous dicionarios en proceso de creación, inéditos (aínda que parece ser que poderían estar circulando versións dixitais) e actualmente a un nivel de progreso descoñecido. As linguas que se combinan co galego son: o finés (probablemente a cargo do lectorado galego de Helsinqui); e 24px o romanés.
Dicionarios en liña Coma casos excepcionais, hai especificamente seis dicionarios en liña: Bilingüe: O Galizionario contén dous vocabularios bidireccionais (galego-aragonés e aragonés-galego) con máis de 350 entradas (iguais ós do Biquizionario da Wikipedia aragonesa: gallego-aragonés e aragonés-gallego); Bilingüe unidireccional italiano-galego: Isabel González (2000) Diccionario italiano-galego. Santiago de Compostela: CIRP-Xunta de Galicia. Dispoñible en PDF e tamén en formato en papel (611 páxinas, aproximadamente 10383 entradas: ISBN 84-453-2937-5) Bilingüe galego: Dicionario CLUVI inglés-galego e viceversa, do SLI; Trilingüe galego-inglés-castelán: de galego.org (226 equivalencias) Tetralingüe: Sitio web da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela (2484 equivalencias); Tetralingüe: O Dicionario de galego de Ir Indo Edicións (ISBN 84-7680-504-7), con 65.914 entradas e aberto en versión beta á rede oficialmente o 23 de abril de 2008 (día de san Xurxo) e reformado o 16 de maio (véspera do día das letras galegas) está cruzado con aparentemente todos (en número indeterminado pero elevado) os equivalentes en portugués, inglés e castelán da Enciclopedia Galega Universal (ISBN 84-7680-288-9). O 20 de outubro de 2010 pasou a ser de pago.
Comparación
Aínda que a cantidade de palabras non é sinónimo de calidade, a seguinte lista ordenada é indicativa da situación actual da lexicografía bilingüe en galego:
"Dicionario completo galego-inglés,inglés-galego", Servando Pérez Barreiro 110.000"Dicionario trilingüe de Ir Indo" 66.000Galizionario, multilingüe (a 19-04-2017) 49.827 varios Diccionario trilingüe (unidireccional), de Villar Cameselle 30.000? Dicionario CLUVI inglés-galego (a data de setembro de 2008) 20.000 Vocabulario temático ilustrado, de Galaxia 13.000 Diccionario italiano-galego (unidireccional) < 10.383 Galician-English dictionary, de Joe Vikin 8.000 Diccionario elemental inglés-galego 3.000 Vocabulario básico da lingua galega 2.600 Dicionario tetralingüe da EOI de Santiago 2.484 Vocabulario galego-valenciano 1.200 Lenguas de la Península Ibérica 1.100 www.galego.org 226
Vocabularios técnicos Ademais, están outros dicionarios especializados, normalmente plurilingües, como poden ser por exemplo: Xavier Gómez Guinovart & Anxo Lorenzo Suárez (1994) Vocabulario de informática: galego-inglés-castelán. Vigo: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Xosé M. Masa Vázquez (1995) Vocabulario de matemáticas (galego-español-inglés-portugués). Santiago de Compostela: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. J. Mirò Balawe & X. Fuentes Arderiu (1997) Diccionario castellano-catalán-euskera-gallego de bioquímica clínica. Barcelona: Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. (62 páxinas) ISBN 84-920967-8-0 J. Mirò Balawe & X. Fuentes Arderiu (1997) Diccionario inglés-castellano-catalán-euskera-gallego de biología y patología moleculares. Barcelona: Sociedad Española de Bioquímica Clínica y Patología Molecular. Mario León Rodríguez Román (1997) Diccionario políglota del tren alemán-catalán-euskera-francés-gallego-inglés. Madrid: Ediciones Luna. ISBN 84-86618-08-8 (case 700 páxinas e arredor de 10.000 palabras). Xoán Guitián Rivera (2002) Vocabulario de química (galego-español-inglés). Santiago de Compostela: Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago. Estes textos poden ocupar un volume propio e enteiro ou ben introducirse dentro dunha revista con diferentes tipos de artigos, especialmente en revistas filolóxicas: B. Posada Sáez (1999) Glosario trilingüe do léxico da gaita: galego-castelán-inglés, publicado no número 5 da revista Viceversa (páx. 85-110)
Noutros textos pódense dar tamén indicacións sobre equivalencias, coma por exemplo en: Takekazu Asaka (1993) Gramática do galego moderno (bilingüe xaponés-galego). Tokyo: Daigakusyorin. (195 páxinas; ISBN 4-475-01807-2)
Edicións literarias bilingües Por outra banda, existe literatura bilingüe, como se pode comprobar nesta selección . É ben coñecida por este aspecto a colección Clásicos do mundo froito dun convenio entre Editorial Galaxia e a Xunta de Galicia, que editou por exemplo Metamorfoses de Ovidio en galego e latín (ISBN 84-8288-775-0).
Dicionarios multilingües en liña Para rematar quedan os léxicos multilingües que hai en Internet, que relacionan moitas linguas, tanto en temas específicos (coma este para o xadrez) coma xerais ou mesmo de citas (era coñecida no ámbito das linguas románicas minorizadas a páxina de verba volant, agora situada en logosquotes e que conta tamén cun dicionario ). Os catro últimos exemplos son produtores masivos de combinacións galegas con outras linguas de moi diverso tipo: o Galizionario, pois permite navegar mediante ligazóns ata os seus equivalentes noutras linguas; os traballos de documentación e proxectos da carreira de Tradución e Interpretación da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, publicados dispersos e ás veces en distintos departamentos; no referente a textos técnicos, o CLUVI; no referente a textos literarios, a biblioteca virtual de tradución ó galego da Asociación de Tradutores Galego (ATG );
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dicionario Dicionario en liña
Categoría:Dicionarios Categoría:Libros bilingües